Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2021 | Actualizada ás 20:35
O tik toker "Jose de Fisterra" é o traballador dun centro para maiores dependentes que "dende hai 15 anos comeza e remata o seu turno de noite cantando, bailando e repartindo coidados con moito agarimo". Algo que, explican dende a Asiciación Pediatras e Matronas XA, fai dende sempre pero cobrou especial valor na época do confinamento e illamento social.
Dende a asociación contan que o traballador e animador que "revoluciona o ánimo da xente" deulle unha volta á súa habilidade para facer denuncias sociais: para reinvindicar carencias sociosanitarias. Así, nos seus últimos vídeos "representa a importancia de participar na asociación" e convida a loitar para que crianzas, familias e mulleres teñan garantido este servizo na Atención Primaria.
O tik toker, ademais de denunciar carencias e reinvindicar dereitos, grava vídeos costumistas que parodian esceas do día a día "cun toque fisterrán, na sorna e na fala, que o fai único".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.