San Xoán volverá ser festivo en Galicia en 2022

O 24 de xuño, día no que se conmemora a festividade de San Juan, volverá ser festivo en Galicia no ano 2022.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/06/2021 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O 24 de xuño, día no que se conmemora a festividade de San Xoán, volverá ser festivo en Galicia no ano 2022. Así o ratificou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen informou do calendario laboral galego para o próximo exercicio.

Fogueira de San Xoán en Galicia.
Fogueira de San Xoán en Galicia. | Fonte: Europa Press

San Xoán será festivo autonómico e tamén, como é tradicional, o será o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Feijóo explicou que o próximo ano cadran xa en domingo tanto o 25 de decembro como o 1 de maio, polo que se opta por sinalar como festivos o 24 de xuño e o 17 de maio, respectivamente, en substitución das outras dúas datas tradicionais.

Ademais, serán festivos o 1 de xaneiro (Ano Novo), o 6 de xaneiro (Reis), o 14 e 15 de abril (Xoves e Venres Santo), o 25 de xullo (Día de Galicia), o 15 de agosto (Asunción), o 12 de outubro (Festa Nacional de España), o 1 de novembro (Todos os Santos), o 6 de decembro (Día da Constitución) e o 8 de decembro (Inmaculada).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta