González Formoso reclama á Xunta que retorne a Melide parte dos 1,5 millóns que paga polo canon da auga

Lembra que o desenvolvemento de infraestruturas para o saneamento é unha competencia do goberno autonómico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reclamou á Xunta que retorne para o desenvolvemento de infraestruturas hidráculicas parte dos 1,5 millóns de euros que paga o Concello de Melide polo canon da auga.

O mandatario provincial realizou esta reivindicación durante a súa visita ao municipio coruñés de Melide, que destacou como un "exemplo" de como o Plan Único da Deputación "serve para mellorar" os concellos da provicia.

Alí, González Formoso lembrou que o desenvolvemento de infraestruturas para o saneamento da auga é unha competencia da Xunta, á que instou a reinvestir nos municipios a recadación do canon da auga.

Tras abordar co rexedor da localidade, José Manuel Pérez, o proxecto de conexión da rede de saneamento do polígono da Madalena coa depuradora do centro urbano, o presidente da Deputación reiterou o seu compromiso co financiamento da obra para a que pide a colaboración da Xunta en materia económica.

"Apoiamos aos concellos e non nos pechamos a nada. Depende da urxencia e das necesidades de Melide, pero teño que lembrar que se trata dunha competencia autonómica, polo que lle pedimos que polo menos o 50% do que recada a Xunta polo canon da auga, que en Melide son máis de 1,5 millóns de euros, retorne aos concellos", incidiu.

A continuación, o tamén alcalde das Pontes asegurou que "o mundo municipal está escandalizado" coa "práctica de botar balóns fose" da Xunta "en cuestións que son da súa competencia".

"Nunca xamais o Ministerio de Fomento pediu fondos á Deputación para reformar unha estrada da súa competencia, aínda que estea na provincia da Coruña, nin AENA pediu fondos para ampliar o aeroporto de Alvedro", aseverou González Formoso.

Neste sentido, engadiu que a Deputación da Coruña achegará ao proxecto da rede de augas de Melide a través de vías como o Plan Único, co que, segundo o presidente, financiáronse 294 obras do ciclo da auga na provincia que ascenden a 36 millóns de euros.

PROGRAMAS IGUALDADE

Por outra banda, tamén este xoves, a área de Igualdade do goberno provincial informou que os programas de igualdade e loita contra a violencia machista contan cun orzamento de case 440.000 euros.

Desta liña de axudas benefícianse 40 entidades para a posta en marcha de distintas actividades e accións. As achegas alcanzan os 27.000 euros, segundo sinalou a deputada María Muíño, que incidiu en que os programas financiados tocan ámbitos como a promoción da conciliación, o empoderamiento das mulleres ou accións de prevención da violencia machista.

"Para a área de Igualdade da Deputación da Coruña esta liña de axudas é un eixo central da nosa acción porque con ela se está apoiando programas de gran interese social, que achegan a moitas mulleres e contribúen a dar pasos adiante na igualdade e tamén na prevención e eliminación da violencia machista", sinala María Muíño.

Concello de Melide
Concello de Melide | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta