Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 16:26
Os casos activos de Covid-19 nos centros educativos non universitarios de Galicia descenderon a 269, 13 menos que na xornada anterior, mentres que continúan catro aulas inoperativas --as mesmas que o día pasado-- e xa non hai centros pechados --na xornada antrior permanecía clausurada unha escola infantil en Tordoia, na área de Santiago--.
Segundo os datos actualizados este sábado polas consellerías de Educación e Sanidade, e recolleitos por Europa Press, as infeccións activas en centros educativos descenden nas áreas de Ferrol (-1), Santiago (-4), Ourense (-1), Pontevedra (-3) e Vigo (-8); mentres que soben nas áreas da Coruña (+1) e Lugo (+3).
A área de Vigo mantense á cabeza con 83 casos activos, oito menos que na xornada anterior, e continúa con dúas aulas pechadas --sen cambios--, delas una nun centro de Redondela por tres positivos e outra nun de Mos por dous contaxios. Nela sitúase o centro con máis positivos de Covid de Galicia, o CEIP Seis do Nadal con seis.
A continuación, a da Coruña contabiliza 41 infeccións activas, unha máis, e segue sen aulas pechadas. Destaca nela o CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal con cinco positivos. Séguelle a de Lugo con 37 casos activos --tres máis que na xornada anterior--. e segue sen aulas inoperativas. Nela hai dous centros con tres positivos.
Pontevedra conta con 31 infeccións activas e mantén unha aula inoperativa no CEIP Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior, que conta con cinco positivos --sen cambios--. A área de Santiago rexistra 30 casos activos --catro menos--. Destacan o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro de Lousame e o CPR Plurilingüe Galaxia de Ribeira, con tres casos cada un. A zona compostelá xa non ten centros pechados, a pesar de que na xornada anterior permanecía clausurada a escola infantil PAI de Tordoia, debido a un positivo.
OURENSE E FERROL
Con menos casos de Covid-19 nos seus centros educativos mantéñense as áreas de Ourense e Ferrol. A primeira rexistra 27 positivos --un menos-- e continúa sen clases inoperativas. O CPR Seminario Menor Diocesano A Inmaculada destaca con máis infeccións activas, ao rexistrar cinco --sen cambios--.
E a área de Ferrol concentra 20 contaxios --un menos-- e conta cunha aula pechada --sen cambios--, no CPR Tirso de Molina por dous casos activos. Destaca o CPR Plurilingüe San José de Pontedeume con tres positivos --sen cambios--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.