Suso de Toro: "España está destinada a ser un país de camareiros"

O escritor galego valora, xunto con David Rodríguez, o papel de Galicia na xeopolítica nacional e internacional. "Son pesimista con respecto a España", apunta.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Cita obrigada para os interesados no papel de Galicia no Estado español e a Península Ibérica. Os escritores galegos Suso de Toro e David Rodríguez, deseñador gráfico e escritor, conversarán sobre as relacións políticas, económicas e sociais que ten Galicia con España, con Portugal e coas institucións europea, na sexta e última entrega da primeira tempada de Referentes, proxecto audiovisual dixital da Área de Cultura da Deputación da Coruña e coordinado por Xurxo Couto.

Suso de Toro na Praza das Praterías
Suso de Toro na Praza das Praterías | Fonte: Xerais

A conversa en cuestión, que xa tivo lugar, será estreada o vindeiro xoves 17 de xuño ás 20:30h no Facebook e na canle de Youtube da Área de Cultura da Deputación da Coruña. "Eu coñecín bastante ben como funciona Madrid", asegura nun momento da conversa Suso de Toro, "achegueime bastante a ver como funcionaban os poderes do Estado e podo ter un coñecemento bastante cabal e por iso mesmo chega un momento no que digo aquí non hai nada que facer, hai que defender a casa".

"Son pesimista, respecto de España", continúa Suso de Toro, "creo que dentro de Europa está destinada a ser un país de camareiros e pagar o que debamos e vivir unha falsa alegría, unha borracheira de realidade". "E, dentro diso", expón, "creo que Galicia necesita ter poder político propio". "Os meus esforzos todos están adicados a fortalecer o meu país, coa cultura, coas ideas, coa economía co que poida", conclúe, "fortalecer Galicia, para fortalecérmonos o máis que poidamos".

Rodríguez, fundador do blogue O funambulista coxo en 2005, pola súa banda, analiza os distintos momentos que travesou a relación existente entre a sociedade galega e as sociedades que a rodean e defende que "se hai algo positivo para Galiza despois de todos estes anos na Unión Europea foi a desaparición da fronteira entre Galiza e Portugal" e lamenta que non se aproveitara a oportunidade para "facer políticas dende aquí, non pensadas dende Madrid" e permitir que esa conexión con Portugal axudara a mellorar as condicións materiais galegas, a acumulación de poboación, o PIB e outras cuestións obxectivas de potencia económica e política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Bismutiño

Suso de Toro: perfecto ejemplo de escritor apegado al poder. Recordemos su libro enjuague a ZP.

3 Nuno

Viva a o novo país federado. Portugaliza. Língua: Galego-Português Capital: Braga ou Valença-Tui

2 Sentidiño

Hai que considerar as cousas, e as opinións, según de quen veñen. Suso de Toro é o noso Toni Cantó: carne de Twitter.

1 2nTR

Toda a nova industria galega acabou no Norte de Portugal polo dumping, un dumping que acaba cos aeroportos e portos e outras cousas, pero aquí os gurus do "galeguismo" pedindo máis portuguesización, non teñen o máis mínimo nivel para opinar de nada.

1 Quatrocaracteresaleatórios

Toda a soberba resumida num comentário. A deslocação da indústria passou de Vigo a arredor, logo ao Norte de Portugal, e agora algumas já estão por Tanger e pela China... É o sistema, mas disso o pateta nem questiona! A povoação do Norte de Portugal triplica a da Galiza junta com um único aeroporto, por três aqui dividindo e fazendo competência. Chama-se planificação contra incompetência! A ignorância tem remédio; a maldade do racismo, não!

2 RwxF

Facer poligonos industriais pegados á fronteira é vender os terreos a 1 euro, non cho fan en China, nin en Madrid, chámase guerra económica. Dar subvencións ilegais as liñas aéreas tamén o é.

3 Huang Ho

Os portugueses son soberanos e os galeguiños acomplexados "te hablan castellano". A ineficacia do goberno da Unta e do goberno españoliño é o que ten. O resto racismo puro e duro. Aquí tamén subvencionan as aeroliñas (as mesmas que Portugal). Norte de Portugal e Galiza son un ente económico unitario. Algún día o entenderedes (deberíades coñecer algo de Irlanda con Irlanda do Norte, Alsacia con Alemaña e Basilea... Pero os pailáns é o que teñen

4 Quatrocaracteresaleatórios

O racista mente. A chinesa Albo recebe ajuda para estar na Plisan, o concelho de Salvaterra do Minho não cobra taxas aos empresários, os terrenos do Minho Park em Monção estão em 20 euros... Volotea, Air Europa e Ryanair recebem subvenção para volar a aeroportos galegos... Mentir semelha feio; serem racista é uma porcaria!

5 R2Dp

Subvencións teñen tódolos países, pero unhas son ilegais como as que dan aeroportos de máis de 3 millóns de pasaxeiros (Oporto), ou terreos industriais por debaixo do prezo de custe. Iso xa o sabedes os imperialistas portugueses, pero enganades a xente. O ente económico unitario é a U.E. e o euro.

6 Gallego Regional

Fascista español, por que non denúncias en tribunais o que consideras ilegal? Hai un espazo natural, cultural e tamén económico de Galiza e o Norte de Portugal, se tanto che molesta vai-te morar a un subúrbio de Madrid que alí seguro que toparás compatriotas marxinados que se senten superiores aos periféricos e con eles podes compartir odio racial.

7 Manolo3456

Norte de PT tem um projeto de futuro apostando firme por atraer industria disponiblizando terrenos e todas as facilidades possiveis, aqui Xestur e os espanhloides do PP na Xunta dedicanse a inzar os montes de eolicos e eucaliptos para empresas amigas que os financian e a especular com os terrenos de parques industriais vendendo o m2 a preços absurdos. É a diferença entre um país de verdade (POR) é uma colonia espanholoide (CAG)