Organizacións xuvenís soberanista de todo o Estado únense para mostrar o seu apoio á comunidade trans*

Baixo o lema "Autodeterminación de xénero" Galiza Nova visibiliza a loita deste colecitvo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

As organizacións xuvenís Galiza Nova, Joves PV, Jovent Republicà, Mallorca Nova, Gazte Abertzaleak e Joves d'Esquerra mostran o seu apoio á comunidade trans. Fano a través dun manifesto conxunto no que demandan unha lexislación que ampare a autoderminación de xénero baixo o lema "Trans* Orgullosxs Autodeterminación de Xénero".

Manifesto 'Autoderterminación de xénero'
Manifesto 'Autoderterminación de xénero' | Fonte: Galiza Nova

A publicaicón deste manifesto enmárcase no mes do Orgullo, que este ano dá importancia á reivindicación da necesidade de aprobar a Lei Trans estatal. "Consideramos chave visibilizar a loita trans*, a cal foi orixe e motor da liberación LGBTI+", afirman no manifesto, que está acompañado dunha campaña en redes baixo o cancelo #SeráLei

As organizacións asinantes sinalan a importancia da visibilización tendo en conta que "este foi un ano de retrocesos respecto aos dereitos e, en especial, para as persoas trans*", como afirman no manifesto, no que recordan as altas taxas de desemprego, a patoloxización da identidade de xénero e a violencia física e cultural que sofre o colectivo. "Os dereitos dun colectivo non exclúen os dereitos do resto: os dereitos suman e multiplican, non restan e dividen", apuntan. 

Pola súa banda, a responsable da Asamblea LGTB de Galiza Nova, Iria Carreira recorda que  en Galiza xa chegamos a ter unha Lei Trans no Parlamento Galego, que foi vetada polo Partido Popular; resulta aberrante que o PSOE que nun principio a apoiou, agora a rexeite reiteradamente no Congreso”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta