Coalición BNG e HB

O lider do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, lanzou  hoxe no Parlamento a acusación de que o BNG ten concurrido nalgunha convocatoria electoral en "coalición con partidos terroristas como HB", algo que negou o portavoz nacionalista Carlos Aymerich e o presidente Touriño, que saleu en defensa dos nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/03/2007 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Tamén Touriño defendeu aos seus socios de Goberno e amosouse duro para decirlle a Feijóo que non pode ir pola vida "mintindo, mintindo, mintindo e seguir mintindo".

O PP tentou xustificar a acusación do seu presidente referíndose ás eleccións europeas de 1986, nas que unha parte do BNG, o Partido Comunista de Liberación Nacional, apoiou a Herri Batasuna, aínda que non formou ningunha coalición con eles. De feito, O PCLN foi expulsado do Bloque por este apoio na Asamblea que celebrou en Carballiño ao ano seguinte. Para elo, baseose tan só en dous documentos conseguidos na rede; o dun blog persoal e do diario El Mundo.

 Así, reproduciu do Cartafol de Patriano o seguinte parágrafo:

O primeiro de maio de 1975 a UPG asina unha declaración conxunta con ETA e PSAN (p) na que fan públicas estas propostas de creación de gobernos provisiorios para as tres nacións: galega, vasca e catalana. Así como a constitución dunha alianza política dos movimentos de liberación nacional[1].

Durante o mes de agosto dese ano de 1975 terá lugar unha dura represión policial sobre a UPG e o conseguinte desmantelamento da súa fronte militar, que empezaba a actuar en Galicia xunto con membros de ETA. Perpetraran un atraco a Caixa de aforros da Coruña, o roubo nas oficinas policiais do documento nacional de identidade de Lugo e preparábanse para cometer atentados en Galicia. O desmantelamento relacionouse co traballo de Gorka, un famoso infiltrado policial en ETA. O 12 de agosto morrería en Ferrol a disparos da policía Xosé Ramón Reboiras, ao que lle seguiría un longo rosario de detencións por toda Galicia. Finalmente catro militantes da UPG (Xosé Mª.Brañas, Manoel Fernández, Marisa Vázquez e Xan López) xunto cos membros de ETA (Emilio Goitia e José Ignacio Villanueva) ingresaron no cárcere da Coruña coa petición fiscal de varios anos de cadea onde quedaran ata a aplicación en 1977 do decreto de amnistía para os presos políticos.

Ademáis, utiliza unha información publicada en 1997 pola actual xefa de prensa de Vivenda en El Mundo:

En 1987, en la llamada Asamblea Nacional de Carballiño (Ourense), el BNG rompe todos sus lazos con HB. Decisión criticada por una parte de UPG, que abandona el Bloque. Este cambio de orientación se traduce en unos mejores resultados y, en las autonómicas de 1989 el Bloque logra cinco diputados, que se convierten en 13 en los comicios de 1993.

Símbolo preconstitucional

Postos a buscar relacións, tamén Anxo Quintana utilizou varias fotografías no pleno para exemplificar as posturas que está a adoptar o PPdeG. Nunha delas se podía ver multitude de bandeiras españolas que portaban os manifestantes que o pasado sábado se concentraron en Madrid contra Zapatero. Na outra aparecía unha bandeira preconstitucional.

Esta comparación indignou os populares, cuio portavoz parlamentario pediu a palabra para pedir á presidenta da Cámara que obligara a Quintana a retirar eses calificativos. "Nunha hai bandeiras e noutra un aguilucho que é un símbolo preconstitucional", defendeuse o vicepresidente.

Xosé Manuel Barreiro seguiu insistindo e acusou a Quintana de "non estar a altura do seu cargo". "Non sei porque se alporiza. Ó mellor é porque son vostedes os que se sinten identificados con estes símbolos. Cando a min me falaron de golpismo (en alusión a súa chegada ó concello de Allariz) non me sentín identificado", respostou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

33 anónimo

Xesusiño, sí que temos un diccionario de galego na rede, outra cousa é que non nos pete decirlle un dos moitos enderezos onde o pode atopar. É unha tarea bastante sinxela para alguén que teña un mínimo dominio de internet, tal como teclear www.google.es.

Os que non ten argumentos son os fachas, que non fan máis ca falar de ETA, e esquecense miserablemente do 11-M.

Outro argumento para a discusión. A Deputación de Ourense ten un orzamento de uns 72 millóns de euros, dos cales 24 millóns de euros dedicanse única e exclusivamente a pagar nóminas. Por outra parte, a sua débeda é de 74 millóns de euros, no límite do permitido por lei (un 110%). Non é un tema máis interesante que non o cansino e agotado tema de ETA?

32 Trébede

Non, o BNG nunca foi en coalición con HB ás eleccións europeas. E non porque non quixese, senón porque os de HB só lle ofrecían ir "dentro" das súas listas. Dende aquela, e xa choveu moito, as relacións foron a menos até desaparecer por completo. O BNG coqueteou durante uns anos con HB, pero logo foi afastándose dela. De sabios é rectificar. E como xa pasaron vinte anos daquela vez, non é de recibo utilizar politicamente o tema, agás para lixar o BNG. O BNG está, dende hai xa ben tempo, contra o terrorismo, e iso é o que importa.

31 Jesús

Una nueva mezquindad, Alberte. Cuando no se tienen argumentos se ataca por la ortografía o por la sintaxis.
Sigue dedicándote a ver donde falta o sobra un espacio, porque capacidad intelectual para debatir, ni fu ni fa. Sin embargo, no necesitas diccionario porque TOTAL PARA ESTE FORO….
Lo cierto es que no tenéis un diccionario “online” en gallego porque, de lo contrario, alguien, más amable que tu, me lo hubiere indicado.

30 Jesús

Venga Alberte, ahí tienes el link que nos enseña Britonia para que sepas lo que es ETA y que fines persigue. A ver si eres capaz de emularla.

29 Chucho de Toro

Os paso la frase de moda:

HB + ZP = HP

HP dicen que significa “Hijo de" pero no estoy seguro de ello… Creo que en esta coalición el BNG haría de palanganero, aunque tampoco estoy seguro. Obrigado!