Feijóo volve a atacar as medidas de Sánchez e o "indepedentismo" do BNG

Erixe ao PP en defensor dos intereses de Galicia fronte "ao non a todo de BNG e o si a todo a Sánchez de PSOE".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/06/2021 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

O candidato á Presidencia do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este martes que, fronte ao "non a todo" do BNG e o "si a todo a Pedro Sánchez" do PSdeG, só o seu partido "defende os intereses de Galicia", incidindo en que os populares teñen "un modelo económico, unha folla de ruta que seguir e o mellor equipo para alcanzar un obxectivo: que a Comunidade creza".

Durante a Xunta Directiva provincial do PP da Coruña, na que presentou o seu proxecto de cara ao 17º Congreso autonómico, lamentou que o modelo económico do BNG estea baseado en "negarse a todo: ao Xacobeo, a captar novos proxectos industriais e a apoiar aos que xa hai en Galicia, como ENCE; ás enerxías renovables, como a eólica, a eólica mariña ou a hidráulica; ou á construción militar en Ferrol".

"Se o seu modelo é o do independentismo vasco e catalán, o de Otegi e Junqueras, de fuga de empresas e perda de investimentos, os galegos temos claro que ese non é o noso", aseverou.

Pola súa banda, segundo recolle nun comunicado, cuestionou tamén que os socialistas galegos estean "de acordo con todo o que decide Sánchez, ata o punto de aceptar que baleire os estaleiros ferroláns, que non haxa estatuto lectrointensivo, que penalice a Galicia con 681 millóns de Fondos Covid menos do que nos correspondería e mesmo lles pareza ben o peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama".

Feijóo entrega os avais na sede do PPdeG.. PPDEG
Feijóo entrega os avais na sede do PPdeG.. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta