Os comités de Navantia Fene e Ferrol elevan ao Congreso "a urxencia do dique seco"

Fixérono a través do grupo confederal de Unidas Podemos- Galicia en Común.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Os comités de empresa de Navantia en Ferrol e Fene elevaron ao Congreso dos Deputados a súa reclamación "para que se concreten os investimentos previstos e comprometidos polo Goberno central para o dique seco que os estaleiros da ría precisan con urxencia".

Os delegados sindicais, que o pasado xoves elevaron a súa moción ao pleno do Concello, rexistraron agora na Cámara Baixa a súa reclamación a través do grupo confederal de Unidas Podemos-Galicia en Común, segundo informan nun comunicado.

No escrito, rexistrado este martes, o deputado Antón Gómez Reino insta ao Ministerio de Facenda a "que se pronuncie enseguida e con total claridade sobre se contemplan a transformación integral do estaleiro cun dique cuberto de construción civil e militar".

O deputado Antón Gómez-Reino no Congreso. UNIDAS PODEMOS
O deputado Antón Gómez-Reino no Congreso. UNIDAS PODEMOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta