Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 18:45
Alternativas na Xustiza denuncia problemas de ventilación no xulgado de garda de Pontevedra, que tachan de "liliputiense" e advirten das súas consecuencias en tempos de pandemia. Por iso, solicita que se habilite no edificio da Parda un espazo dotado de ventilación e iluminación natural, para garantir a saúde laboral dos traballadores e do público en xeral.
Nun comunicado, esta organización critica que a Xunta "segue sen tomar as medidas imprescindibles xa reclamadas no seu día para resolver os problemas de ventilación no xulgado de garda".
Entre outros, lamenta que as declaracións se fan nunha sala sen xanelas nin ventilación algunha, na que están ata sete persoas xuntas entre detidos, policías, funcionarios, fiscais, xuíces e testemuñas.
Os xuízos rápidos, segundo engade, tamén se pasan nesta mesma sala e son varios ao día, "polo que hai días nos que non se sae practicamente da sala, o que fai imposible a ventilación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.