Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 09:30
Un total de seis meles de Galicia acollidas co Indicación Xeográfica Protexida (IXP) foron galordoadas na última edición dos London Honey Awards, un dos certames máis importantes dentro do setor agrícola.
O máximo galardón, de platino, recaeu en Meles JS. O poder das Floresm Ouro Puro, O Trobo-Mel do Valadouro e Conde Santo conseguían cadansúa distinción de ouro e con prata foi galardoada a Mel do Colmear "O Salgueiral". Con estes premios a mel de Galicia con IXP afírmase como un referente non só en Galicia, senón tamén fóra do noso país.
Os London Honey Awards, a través dunha cata a cegas levada a cabo por un xurado experto, recoñeceron en edicións anteriores a calidade da mel galega. No 2020 catro meles, das marcas O Poder das Flores, Ouro Puro, O Trobo Mel do Valadouro e Meles JS, foron distinguidas na capital británica con distincións de ouro, prata e bronce.
Os galardóns desta edición, sumados ao recoñecemento en anos anteriores lembran a excepcionalidade da Mel de Galicia con IXP, unha etiqueta que garante a orixe e diferenciación, así como todo o proceso produtivo e a importancia dos apicultores locais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.