Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 21:07
A Xunta decidiu reabrir as prazas de touros e circos e volver permitir os espectáculos taurinos, circenses, feiras e exhibicións e os espectáculos pirotécnicos desde este sábado ás 00,00 horas, coa entrada en vigor do Diario Oficial de Galicia (DOG),
Desta forma, os fogos artificiais volverán estar permitidos en toda a comunidade a escasas semanas do espectáculo previsto na capital galega con motivo da celebración do 25 de xullo, que este 2021 é Ano Xacobeo e que precisamente este xoves anunciou o Concello de Santiago que será descentralizado en varios puntos da cidade.
Doutra banda, o DOG-bis publicado a última hora da tarde deste xoves, tras a reunión do comité clínico do martes, suprime, segundo o texto recolleito por Europa Press, o "peche temporal" que rexía para os mencionados espectáculos públicos, polo que se poden programar espectáculos taurinos. Os máis coñecidos son os que se celebran na praza de touros de Pontevedra cada mes de agosto coincidindo coas festas da cidade.
Á marxe das propias actividades, reabren estes centros que, precisamente no caso da praza pontevedresa tamén ten outros usos públicos como a celebración de eventos, tanto culturais como políticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.