A Plataforma contra a mina de Touro acusa á Xunta de non facer nada para frear a contaminación dos ríos da contorna

A Plataforma veciñal acusa á Vicepresidencia Segunda de dilatar as accións necesarias mediante solucións temporais como a drenaxe das balsas con auga e metais pesados.

Por Galicia Confidencial | O Pino-Touro | 15/07/2021 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non acusa ao departamento do conselleiro Francisco Conde de non ter pechado definitivamente os pozos e balsas con augas contaminadas na antiga mina de cobre. Así, a Plataforma lembra que en 2018 se fixo unha inspección por parte da Xefatura Territorial de Minas da Coruña dentro dos terreos mineiros agora pechados.

Protesta contra a mina de cobre de Touro-O Pino. EUROPA PRESS - Arquivo
Protesta contra a mina de cobre de Touro-O Pino. EUROPA PRESS - Arquivo

Segundo un comunicado da Plataforma, en dito exame ao estado dos terreos, constatouse “a drenaxe ácida continuada cara augas de dominio público hidráulico”. Agora denuncian que a acta da inspección realizada en 2018 non tivo consecuencias para a empresa. Esta última, segundo a Plataforma, só propuxo unha drenaxe temporal das balsas “no canto dunha solución definitiva”.

“Estamos en 2021 e desde o departamento responsable de Minas limítase a indicar que se abriu outro expediente para sancionar o que non foi sancionado hai tres anos”. O colectivo veciñal móstrase escéptico ante as futuras consecuencias desta última acción desde a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, herdeira da antiga Dirección Xeral de Minas. “Sabendo como funcionan nese departamento tardaremos outros tres anos máis en saber se chegaron a facer algo ou se perderon en miles de papeis intercambiables entre as empresas e a administración”.

Doutra banda, a Plataforma tamén sinala ao organismo de Augas de Galicia, “quen resolveu en outubro de 2020 o proxecto de drenaxe tempora sen admitir ningunha alegación das presentadas”.  En dita resolución establecíanse prazos para a realización de obras, seguimento, plan de drenaxe definitivo nun prazo determinado e vixiancia ambiental.

Desde o organismo veciñan reslatan que “a día de hoxe en xullo de 2021, non se cumpren, nin existe ningún viso de que en tres anos logo da denuncia de inspección” haxa, por parte da Administración, “algunha solucción a un problema ocasionado por unha empresa privada, incumpríndose a máxima de quen contamina paga”. Por isto último, os membros da Plataforma temen que se volvan a incumprir os mandados da Administración en canto restauración de terreos mineiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta