Detectan dous novos focos de covid en granxas de visóns, polo que xa son 10

Detectáronse en Negreira e Sobrado dos Monxes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

Galicia acumula unha decena de brotes de covid en granxas de visóns americanos tras os dous novos focos detectados en explotacións dos municipios coruñeses de Negreira e Sobrado dos Monxes.

Nun comunicado, a Consellería de Medio Rural informa de que no caso de Sobrado hai 7.500 femias reprodutoras, mentres en Negreira son 2.100 reprodutoras.

A comunidade galega conta con 25 granxas --con 71.479 reprodutoras--, das cales 10 contaron xa con brotes de coronavirus. Supón a maior parte do volume de negocio do sector no Estado, tendo en conta que tres cuartas partes do total de explotacións sitúanse na comunidade galega.

O primeiro foco en Galicia detectouse en xaneiro deste ano nunha granxa da Baña, onde foron sacrificados os seus 3.100 visóns. O segundo localizado foi en febreiro en Santiago.

Desde xuño disparáronse os casos en granxas de visóns en Galicia, con oitos brotes en pouco máis dun mes en explotacións coruñesas: Carral, Santiago, Abegondo (2), A Baña, Oza-Cesuras e agora os de Negreira e Sobrado dos Monxes.

A Consellería de Medio Rural explica que, con base no programa de prevención do Goberno central, procédese á inmovilización destas dúas explotacións Negreira e Sobrado dos Monxes, con control por parte dos veterinarios de Medio Rural para avaliar as actuacións a levar a cabo.

Precisamente, entidades ecoloxistas reclamaron no último ano o peche das granxas de visións galegas polo seu perigo ante a incidencia de brotes de coronavirus.

Visóns americanos nunha gaiola. WWF
Visóns americanos nunha gaiola. WWF | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta