Por X.M. Fernández | Verín | 28/07/2021 | Actualizada ás 09:00
O Concello de Verín, a través do departamento de Servizos sociais e da Oficina Xuvenil/Omic, vén de poñer en marcha o proxecto "Vivir ben, sentirse mellor", unha iniciativa subvencionado pola Consellería de Política social.
Este programa de voluntariado está dirixido á comunidade local e desenvolverase mediante a creación do que bautizaron como 'Voluntariado Senior', pensado para persoas de 55 ou mais anos que estean dispostas a colaborar responsable e solidariamente na cobertura de necesidades comunitarias e programas sociais.
Algunhas das accións que realizarán son ofrecer axuda alimentaria, participar en actividades de animación e promoción do ocio saudable nas persoas maiores, etc.
As persoas interesadas en formar parte deste voluntariado poden dirixirse á Casa da Xuventude (Avda de Portugal, 11-bis. Verín) en horario de 9:00 a 14:00 h. para a correspondente información e inscrición. Se o prefiren poden facelo chamando ao número de teléfono 988 414776.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.