A variante Delta, a máis contaxiosa de Galicia

A circulación desta variante ascende a un 66% e a británica redúcese a un 28%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A circulación do variante Delta da Covid-19, con orixe na India, avanza en Galicia e ascende ao 66 por cento, fronte á Alfa, a británica, que se reduce a un 28%.

Así o destacou este mércores a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, na rolda de prensa tras a última reunión do comité clínico, na que explicou que "houbo un cambio" e, cos últimos datos da semana pasada, freouse o avance da variante Alfa, que supón un 28% fronte ao Delta, que sobe ao 66%.

A doutora Durán comentou que se trata dunha tendencia "espello do que ocorre no resto de España e en Europa" en relación aos contagios da Covid-19.

En concreto, a directora xeral detallou que xa hai 888 casos confirmados por secuenciación da variante Alfa en Galicia; 175 do Delta; 58 da Beta (a coñecida como surafricana) e 83 do Gamma (brasileira).

Vista dun tubo cunha mostra tras a realización dunha proba PCR para a covid-19
Vista dun tubo cunha mostra tras a realización dunha proba PCR para a covid-19 | Fonte: Ión Alcoba - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta