Case 200 persoas acudiron á Unidade de Atención Psicolóxica da Covid da USC desde maio

A Universidade puxo en marcha este sistema gratuíto para prestar apoio psicolóixico ao seu alumnado por mor da Covid.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2021 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

En apenas dous meses efectivos de actividade, a Unidade de Atención Psicolóxica da USC acumula preto de 200 solicitudes de atención. A finais do pasado mes de maio, esta Unidade botaba a andar co obxectivo de converterse nunha ferramenta de apoio para alumnado da USC con necesidades de atención psicolóxica, nun primeiro momento vinculadas coa actual situación sanitaria derivada da Covid-19.

Biblioteca da USC a contrluz - Santi Alvite, USC
Biblioteca da USC a contrluz - Santi Alvite, USC

Das 182 solicitudes recibidas nun primeiro momento, 76 foron derivadas a outros servizos máis específicos para o seu correcto tratamento ou se lles prestou a información requirida. Das restantes consultas, derivaron un total de 14 sesións celebradas en maio, 80 en xuño e outras 65 en xullo, o que permitiu dar de alta nestas primeiras semanas de traballo a 28 persoas. Actualmente a lista de espera para acceder a atención psicolóxica ascende a 72 persoas.

Como explicou a responsable da Unidade, Ana López Durán, nun encontro celebrado este venres xunto co responsable Covid da USC, Javier Ferreira, estas cifras dan conta da pertinencia de activar este servizo e chama a atención sobre a necesidade de prestar a adecuada importancia á saúde psicolóxica. O traballo de atención persoal compleméntase con outras actividades a través de redes sociais, como publicacións en Instagram, que achegan recomendacións referidas ao coidado da saúde mental e o benestar psicolóxico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta