Convocada unha marcha en Celanova en contra da instalación dun polígono eólico na Casa da Neve

A plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova organiza esta andaina para evitar a implantación dos aeroxeneradores a menos dun quilómetro das vivendas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova convocou a súa primeira acción para facer fronte á invasión eólica na comarca de Celanova. O próximo 4 de setermbro, terá lugar unha andaina ata a Casa da Neve cun recorrido duns 10 quilómetros e tres horas de duración que transitará por algunhas das aldeas máis afectadas, onde se pretenden instalar un polígono eólico con máquinas de case 200 metros a menos dun quilómetro das viviendas. A marcha sairá da explanada da piscina de Celanova ás dez da mañá.

O Monte da Neve, ao fondo, desde a parroquia de Amoroce en Celanova - cedida
O Monte da Neve, ao fondo, desde a parroquia de Amoroce en Celanova - cedida

A I Marcha en defensa da auga, a paisaxe e o patrimonio da Casa da Neve pretende concienciar á veciñanza dos valores ambientais, paixasísticos e históricos da contorna da Casa da Neve e que pon en risco a invación eólica. O informe co que arraca a exposición pública do proxecto asume que os movementos de terras para a instalación das máquinas afectará a regatos e mananciais. Ademais, unha vez instalados os muíños estes xererarán ruídos.

Ao respecto do impacto paixasístico, a empresa recoñece que os aeroxeneradore serán visibles desde todos os concellos da comarca, e desde puntos de comarcas veciñas nun rango de máis de vinte quilómetros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta