Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 19:11
A asociación Abogados Cristianos pediu á Xunta de Galicia que repoña o monumento a Juan Pablo II do Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. De non facerse, afirma que non descarta iniciar un procedemento contencioso.
A súa presidenta, Polonia Castellanos, denuncia que "a Xunta permite que en Galicia haxa monumentos a líderes comunistas como o Che Guevara, en contra das recomendacións do Parlamento Europeo, mentres derruba símbolos cristiáns, atentando contra a propia Constitución".
Asegura que "os gobernantes utilizan calquera escusa para destruír monumentos cristiáns. "Neste caso, a Xunta dixo que faría unha intervención para conservar e pór en valor o monumento e o que fixo foi eliminalo e deixar só unha placa", engade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.