O BNG critica o colapso da atención primaria e di que xa non valen as "queixas baleiras" do Sergas

Critica este fin de semana foi "moito máis fácil comprar entradas para un concerto que para pedir cita para vacinarse" contra a covid

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira, avisou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que "non valen queixas baleiros" pola situación da atención primaria galega, ante a que esixe "solucións".

En rolda de prensa, a nacionalista describiu o "importante colapso" que sofre a atención primaria galega en período estival, con "agravante engadido" nos puntos de atención continuada (PAC) con respecto aos centros de saúde.

A situación "é grave" ao estar a asumir os profesionais "unha carga laboral que non lle corresponde", en relación ao rastrexo de positivos e contactos de positivos de coronavirus, que, segundo advertiu, "debería estar a facer un sistema que non está a cumprir por falta de persoal ou por falta de medios e que asume a atención primaria".

En calquera caso, Carreira constatou que todo isto "non é algo novo", pois este servizo "xa arrastraba moitas deficiencias" e o Bloque xa expuxo incrementos orzamentarios nos últimos tempos para abordar as súas deficiencias. As consecuencias, segundo denunciou, son "moi palpables", ao estar "a empeorar dramaticamente as condicións laborais do persoal", con axendas "masificadas" de 50-60-70 e ata 80 pacientes por día, segundo os seus datos, e unha diminución da calidade asistencial para os pacientes.

Neste contexto, sinalou que os profesionais están a saír á rúa para esixir melloras e tamén tomando medidas como a denuncia do colexio médico de Pontevedra "por saturación". "A propia consellería é consciente, pero non nos parece de recibo que só sexa unha queixa baleira sen achegar solucións, que o conselleiro só diga que a situación é complicada, que faltan profesionais, sen achegar propostas", criticou a parlamentaria.

VACINACIÓN

Por outra banda, en relación coa campaña de vacinación, Iria Carreira viu "intolerable que un asunto tan serio se converta nun cabalo de batalla contra o Goberno central" por parte da Xunta. "Ten que ser tomada coa seriedade que require", dixo.

Pola súa banda, denunciou o funcionamento do sistema de autocita para menores de 20 anos "que foi caótico este fin de semana", cando foi "moito máis fácil comprar entradas para un concerto que para pedir cita para vacinarse" contra a covid.

A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira
A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta