Que foi do "operador galego" R?

A Compañía telefónica foi mercada, primeiro por Euskaltel, e agora está xa en mans de MásMovil que acaba de vender a división audiovisual a outra multinacional, Agile Content.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 11/08/2021 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

O primeiro e único operador telefónico galego, R, non ten agora nada de galego. Primeiro foi mercado pola vasca Euskaltel e logo, esta a súa vez o foi por MásMóvil. De feito, esta nova empresa realizou o seu primeiro movemento no operador vasco poucas horas despois de remodelar o consello de Euskaltel tras tomar o control da empresa, e vendeu o seu negocio de televisión a Agile Content por 32 millóns de euros.

A empresa, cotizada no BME Growth, sumará así 500.000 subscritores de televisión á súa plataforma procedentes de R, Telecable e Euskaltel, segundo un comunicado remitido ao antigo Mercado Alternativo Bolsista no que sinala que así ampliará a súa alianza con MásMóvil, a cuxos clientes xa prestaba servizos televisivos.

Agile potenciará un centro de innovación en País Vasco e trasladará a súa sede a Bilbao coa intención de impulsar a industria audiovisual, incrementar a súa competitividade e atraer futuros investimentos. A compañía pagará o 60% con recursos propios no momento inicial e o 40% restante a 12 meses.

Pola súa banda, MásMóvil e Euskaltel subscriben un acordo a oito anos para comercializar o servizo televisivo, o que reforza a relación de distribución, acorde ao foco e estratexia específica de cada compañía.

Con este movemento, Agile sinalou que consolida o crecemento da súa división B2B2C (de empresa a empresa e a consumidor) e que se dota de maior escala e solvencia de face ás externalizaciones do sector e a consolidación crecente do mercado OTT.

Sede do Grupo MásMovil en Madrid / Marta Fernández - Europa Press. / Europa Press
Sede do Grupo MásMovil en Madrid / Marta Fernández - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xaquín

En primeiro lugar, o título pouco ten que ver coa noticia. En segundo lugar, R ten a súa sede social en Galicia. Outra cousa é quen son os donos os accionistas. Pero dicir que non ten nada de galego cando paga impostos e ten traballadores e provedores en Galicia, paréceme máis unha opinión que non unha conclusión froito dun traballo en detalle.