A Deputación da Coruña crea unha liña de axudas a confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras

A través deste programa, un total de 27 pósitos coruñeses recibirán entre un mínimo de 3.808 e un máximo de 19.500 euros para a contratación de persoal e a mellora de infraestruturas e procesos de comercialización.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/08/2021 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña apoia ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadores e mariscadoras para o desenvolvemento da súa actividade cunha achega de 430.945 euros que permitirán cofinanciar a contratación e mantemento de persoal, mellora de infraestruturas e procesos de comercialización, entre outros.

A través deste programa, un total de 27 pósitos coruñeses recibirán entre un mínimo de 3.808 e un máximo de 19.500 euros para a contratación de persoal e a mellora de infraestruturas e procesos de comercialización.

Por outra banda, o organismo provincial financia na súa totalidade, a través do Plan Único, un proxecto valorado en 260.000 euros para a mellora da vía que vai desde a igrexa de San Andrés de Barciela ata o cruzamento da Candelabaeira, na parroquia de Barciela do Concello de Santiago.

González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta