Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 20:12
Os servizos sanitarios trasladaron na tarde deste martes a unha persoa que sufriu a picadura dunha avespa na parroquia de Cuns, no concello coruñés de Coristanco.
O 112 Galicia tivo coñecemento da situación ás seis menos vinte da tarde, a través do aviso do Servizo Sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para atender a esta persoa que, ademais, era alérxica ás avespas.
Así, o CIAE 112 Galicia solicitou o apoio de Protección Civil de Coristanco e tamén da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.