Non ao fútbol gaélico mixto

O presidente da asociación reitora dos deportes gaélicos en Europa avisa aos cinco equipos da Liga Gallaecia que non existe a modalidade mixta e ameázalles con accións legais por usar a súa 'marca'.

Por gcdeportes | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 00:28

Comparte esta noticia

Non hai espazo para o deporte mixto dentro do European County Board, a entidade que rixe os deportes gaélicos no continente europeo. Nas últimas semanas, Brian Sheehy, presidente do consello europeo, ten enviado mensaxes aos distintos equipos da Liga Gallaecia para negarlles a posibilidade de xogar partidos mesturados de homes e mulleres baixo o paraugas oficial do fútbol gaélico.

Plantel do equipo compostelán do Suevia.
Plantel do equipo compostelán do Suevia.

Segundo Sheehy, é unha cuestión de integridade física: no fútbol gaélico masculino permítese o contacto, non así no feminino. Son diferentes e polo tanto mesturalos vai contra a esencia e a tradición do deporte máis popular en Irlanda. “Hai equipos separados en fútbol, en baloncesto, en rugby... todos nos que hai contacto físico polo que... por qué debería GAA (siglas en inglés da Asociación Atlética Gaélica) ser diferente?”, argumenta. “Vostede di que xoga fútbol gaélico, pero non. Fútbol gaélico só xogan os clubs rexistrados na asociación GAA”.

De feito, Brian Sheehy lembra aos integrantes da Liga Gallaecia que só os clubs representados na denominada Liga Galega son parte oficial da GAA (dende novembro) e só eles poden xogar o fútbol gaélico ‘oficial’ en Galicia. O presidente do European County Board insta á Liga Gallaecia a respectar as regras da asociación e non xogar partidos mixtos para poder ser parte da organización. “Xa hai equipos femininos na Liga Galega, de xeito que as mulleres poden xogar coas súas propias regras”. Sheehy incluso amenaza aos equipos con denunciar a ilegalidade que supón usar a súa marca, para deste xeito protexer a esencia do deporte gaélico.

Suévia de Compostela, Torques de Lugoslavia, Afiadoras de Ourense, Ambilokwoi de Vigo e Cascarilha da Coruña disputan dende outubro a 'Liga Gallaecia'. Mentres, na Liga Galega participan Pontevedra Fútbol Gaélico, Irmandiños da Estrada, Estrela Vermelha de Santiago, Mecos do Grove e Fillos do Breogán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 128 comentarios

30 Rebelde

O sábado 25, enfrentam-se em Compostela as duas melhores equipas da Liga Galega. O Estrela Vermelha de Compostela e os Irmandinhos Estrada jogam-se meia liga, já que se nom estou errado encabeçam a classificaçom empatados a pontos e seria raro que deixaram pontos no caminho contra Filhos de Breogam, Mecos do Grove e Pontevedra FG. Mas a questom é: Por qué nom fazemos boikot nesse partido demonstrando aos machistas que formam estas duas equipas que na Galiza nom os queremos?

1 boicot

Moi boa ideia. Proponho umha faixa co lema “STOP MACHISMO” e saltar ao campo cando comece o encontro.

2 aporeles

Somo-me a proposta! Machista que colhamos, machista que matamos!

3 anonimo

E Pq non facedes unha cousiña antes? ides a un entreno a Estrada e lle preguntades as 20 e pico rapazas q teñen que pensan do q andades dicindo...q pasa, q son menos mulleres x querer xogar cas suas propias normas ou so entre elas?

4 Misto

Tremenda trapallada. Esta mensaxe non representa á Liga Gallaecia

5 Un

Grazas por quitarvos a careta, creo que estas cousas demostra de qué palo imos cada un. Parabéns á Liga Gallaecia é aos seus membros.

6 Anti Trolls

A mensaxe 30 do tal Rebelde é un trolleo de manual dun machote da Liga Galega facéndose pasar por membro da Liga Gallaecia para emporcallar. Hai que ser máis sutís machiños!

7 FeiraEnFerreira

Troll detected!

8 Trolleo ó carallo

Sí, un trolleo, claro. Agora tirade a pedra e escondede a man. Ridículo, señores, ridículo. Pero en fin, que da gusto que quitedes a careta do falso victimismo e deixedes claras moitas cousas.

9 FeiraEnFerreira

Cala trolaso! a tu cueva

10 Gaélica

E por qué non deixades de actuar como machistas (os que ides defeder os dereitos de xogar de non sei quén) e lles preguntades ás rapazas que xogan nos equipos femininos se realmente se sinten como vós dades por sentado?? Acaso non é unha postura machista pensar polas mulleres e actuar por elas???

29 Julián de Fillos

Ahora lo veo claro joder! Esto lo escribió uno de vosotros. Queréis meter al secretario en esto para que haya movida y jodernos la oficialidad y la selección gallega. Dejarnos en paz.

1 Nom me representas

E ti és dessa "selecCIÓN gaLLega", nom é? Pois falando assim, bem podias jogar diretamente na española, murciana ou extremeña. Que vergonha.

2 peroti

Claro, por iso nos escribiu el dende o seu correo persoal, porque llo hackeamos. Somos el MAL!

3 Julian

Quería aclarar que no hablo en nombre de mi equipo que se me pasó antes. Algún simpático escribió toda esta batalla y va Galicia Confidencial y lo publica. Se supone que esto es un periódico? Me encantaría ver esos mails algún día, vaya chorrada.

4 lume

Ensinámoscho cando queiras, Julían, ata podes ver a reacción de Brian Sheehy sobre o que liastes: https://twitter.com/_BrianSheehy/st... a ver se entendes o inglés

5 Julian

Correcto! Tienes razón. Ya me dijeron que OS ENVIARON unos mails. Y también me han dicho que el que trabaja para este periódico es uno de los vuestros. De hecho la foto que aparece por ahí es de uno de vuestros equipos. Y lo que pone en ese twuit creo que está claro, no se de que liada nuestra habláis.

6 Julian

Por cierto ya no quiero ver mails ni nada ya, gracias lume. estamos aburridos del machismo, el mixto y la verdad es que ya no hablamos nunca del tema. Besos

28 Sensato

A Liga Gallaecia é umha merda, son catro amigos xogando catro pachangas en dias de festivais para que sexa mais sinxelo xuntar xente, as vezes ata teñen que xogar mesturados entre eles, outras algun equipo non se presenta, os que arbitran non saben moi ben as normas......... mas que dano fan? xa se aburrirán cando pase a "moda" e a "febre" do gaélico. non é necesario chegar a este punto.

1 Umha

Algumha equipa da nossa liga ainda lhe ganha a algumha da vossa, machotes

2 Pikameunjuevo

e tes algún problema xq xoguen 4 amig@s?? Sodes vós moi guais! Se non poden vir pois que se lle vai facer, o importante é pasalo ben! Venha a pastar e a fregar!

3 anonimo

si, esa que xoga so con homes non? mullerona

4 Edalhe

non hai numero minimo de mulheres (nin de homes) para xogar na Liga Gallaecia. Es capaz de entendelo? Non é complicado, non? Xógase sen ter en conta o sexo d@s xogador@s. Ala rumia un pouquinho esto q che escribin e se ainda non o pilhaches voltocho explicar. Ok?

5 Frebas

A canto a tua cláusula de rescisión? Venha campeooon

27 un da Liga Gallaecia

Unha proposta para avaliarmos a vontade conciliadora de cada unha das partes: un amigábel dun combinado LIGA GALLAECIA VS combinado LIGA GALEGA. Aposto que a LIGA GALLAECIA non ten nengún inconveniente. Terao a LIGA GALEGA? Que se pronuncie

1 o mesmo pablo

Pois pode ser unha proposta positiva. Personalmente como xogador non tería problema en participar. Podedeslle facer unha proposta directa á Asociación Galega de FG para que a avalíe. Terase que debatir e votar na asamblea directiva da Asociación. Pero tede en conta de antemán que non sería partido mixto xa que por esta banda non se ten ningún interese en contravir as regras GAA.

2 Umqualqueira

Mas se é umha pachanga que problema há em jogar homens e mulheres? É como se Messi nom poidera jogar num combinado com Verónica Boquete.

3 peroti

Tamén tedes que consultar as regras GAA para ir ao baño? De verdade, cal é o voso problema real? Non me creo que sexan todas esas vagas respostas que destes.

4 peroti

Ves, inventámonos tamén nós a persoa: https://twitter.com/_BrianSheehy/st...

5 Un

Na miña opinión, espero que non se dispute este partido. Demasiados insultos e ataques de membros da Gallaecia a membros, equipos (e actividades solidarias realizadas por éstes). Eu opino que basta con que cada un vaia polo seu lado, uns centrados en competir e outros centrados en politiqueos. E xa está, todos contentos. Dubido que ós membros da Gallaecia lle importe demasiado a Liga Galega e sei que ós da Liga Galega impórtanos ben pouco a Gallaecia. E todos contentos. O ataque da GAA é porque hai equipos que na sua equipación levan a marca da GAA. É sinxelo, quitádea e listo, xa non hai nada que reprochar. Logo quédavos a parte cínica e hipócrita de ir chamándonos liga dos machotes, machistas, segregacionistas... para logo ir a xogar ao fútbol británico ou rugby (por poñer exemplos) e facelo en competicións oficiais nas que os equipos compiten separando por sexo. Pero ese é outro conto, supoño :)

6 Eu mesmo

Eu non teño tampouco problema nun partido combinado de ambas as ligas, ( a nosa unica diferencia coa outra liga é que non segregamos por sexos, por iso ese combinado da Gallaecia non podria non ser mixto). Como vexo dificil que se acepte esa proposta concordo en vaiamos canda quen polo seu lado, porque por enriba comentarios falsos e vitimistas como o anterior non deixan de botar leña ao lume.

7 Outravacanomillo

Cales son as mentiras? Non houbo eses insultos e descalificacións reiteradas de membros da liga Gallaecia a equipos e actividades solidarias organizadas polos mesmos? Non hai unha boa cantidade de rapaces na Liga Gallaecia que xogan a outros deportes en competicións oficiais nas que se compite separando por sexo? (rugby, fútbol Británico...) Non hai mentira ningunha. Pero sí, mellor cada un polo seu lado. E a boicotearnos os partidos, como di o de arriba. Brillante

8 Gaélica

A resposta vai ser que non e os que saiban un pouco como funciona o Gaélico da GAA saben porqué. Os que non saiban de qué vai, que deixen de amolar tanto ós mixtos, como ós GAA. O único que parece que queredes é acabar con ambas Ligas. Eles non se molestan entre sí, unha vez aclarados os límites entre ambas Ligas reina a paz e a tranquilidade pero hai uns cantos peixes que desfrutan máis prendendo lume que xogando. Vergoña de xente.

26 Pablo (Coruña)

Boas noites. Son Pablo dos Fillos de Breogán da Coruña. Estiven a ler todo o que se escribiu neste foro. Botei en falla moitos nomes (con honrosas excepcións) e sobráronme moitos alcumes. No seu momento fun a un relatorio en Compostela para dar a coñecer o FG e tamén axudei nun dos primeiros adestramentos de Suévia. Eu si vin moitas rapazas aló e a verdade é que carácter tiñan pra dar e tomar. Xa hai moito tempo tamén, alegreime moito coa visita na Torre de Óscar e outro compañeiro de Suévia e creo que pasamos un bo rato adestrando xuntos. Acerqueime sempre a saudar aos compoñentes de Suévia que me atopei por aí nos campos. Adestro sempre cun grupo de homes e mulleres e non escollo por iso cara onde van os meus pases. Fago eses vídeos do youtube dos partidos da Liga Galega e neles sempre se respecta o nome propio do equipo (na grafía que sexa) e sempre soan grupos de música en galego. E teño o orgullo de ter participado nos 2 partidos oficiais da nosa Selección.

1 Pablo (Coruña)

Para que digo todo isto? Pois ben, para manifestarme totalmente en contra deste frontismo irreconciliábel que as mensaxes deste foro parecen potenciar, non sei con que interese. O “proxecto oficial” segue adiante con moito esforzo de tempo de lecer e cartos propios detrás, segue adiante grazas a un bo fato de mozas e mozos tercas/os coma mulas (eu só son un mais, hai xente que fixo moito mais traballo) e segue adiante procurando ser válido para galegas, galegos e residentes de fóra de calquera idea política e condición social. Houbo que aceptar unhas normas da GAA? Houbo. E unha delas é o de que os partidos só son masculinos ou femininos? Verdade. De aí a identificarnos (como leo abaixo) con estranxeiros de grande fervor relixioso e machistas ou segregacionistas, pois en fin... como que vai un cacho.

2 Pablo (Coruña)

A GAA non será perfecta pero é moito máis respectuosa co noso país do que son caseque tódalas outras institucións deportivas internacionais. Non digo que a postura de integración dos equipos da Liga Gallaecia non sexa perfectamente respectable, tan só digo que quizais eses folgos que gastades contra nós (e que lastran as nosas posibilidades de progreso) estarían mellor invertidos contra outros.

3 un da liga gallaecia

Agradécese o ton da túa mensaxe, e asegúrote que desde a Liga Gallaecia non existiu, non existe nen existirá nengún reproche ou ataque á vosa liga. De feito a publicación desta mensaxe non provén de nós (pregúntalle a compañeiros da túa equipa, que son os que xestionan as novas de gaélico no Galicia Confidencial), e tampouco pedimos a entrada na GAA, polo que non entendemos con que se nos está "ameazando". Unha aperta

4 Brais García (Torques)

Pablo estou totalmente de acordo contigo e agradezoche a túa sensatez. Non entendo o por que de tanta xente tapada nos alcumes tirandose pedras uns a outros coma nenos pequenos en plan "e ti máis", coma tronistas baratos. Esas acusacións gratuitas e irreflexivas que non axudan a nada pero que debe producir nos seus autores un profundo pracer que non comparto.Grazas polos vídeos, que eu vexo sempre para ir aprendendo cousas do que sae no resumo. E sí, nos xogamos dun xeito máis relaxado e flexible; a maioría levamos moito menos tempo xogando e todo é bo para aprender.