Non ao fútbol gaélico mixto

O presidente da asociación reitora dos deportes gaélicos en Europa avisa aos cinco equipos da Liga Gallaecia que non existe a modalidade mixta e ameázalles con accións legais por usar a súa 'marca'.

Por gcdeportes | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 00:28

Comparte esta noticia

Non hai espazo para o deporte mixto dentro do European County Board, a entidade que rixe os deportes gaélicos no continente europeo. Nas últimas semanas, Brian Sheehy, presidente do consello europeo, ten enviado mensaxes aos distintos equipos da Liga Gallaecia para negarlles a posibilidade de xogar partidos mesturados de homes e mulleres baixo o paraugas oficial do fútbol gaélico.

Plantel do equipo compostelán do Suevia.
Plantel do equipo compostelán do Suevia.

Segundo Sheehy, é unha cuestión de integridade física: no fútbol gaélico masculino permítese o contacto, non así no feminino. Son diferentes e polo tanto mesturalos vai contra a esencia e a tradición do deporte máis popular en Irlanda. “Hai equipos separados en fútbol, en baloncesto, en rugby... todos nos que hai contacto físico polo que... por qué debería GAA (siglas en inglés da Asociación Atlética Gaélica) ser diferente?”, argumenta. “Vostede di que xoga fútbol gaélico, pero non. Fútbol gaélico só xogan os clubs rexistrados na asociación GAA”.

De feito, Brian Sheehy lembra aos integrantes da Liga Gallaecia que só os clubs representados na denominada Liga Galega son parte oficial da GAA (dende novembro) e só eles poden xogar o fútbol gaélico ‘oficial’ en Galicia. O presidente do European County Board insta á Liga Gallaecia a respectar as regras da asociación e non xogar partidos mixtos para poder ser parte da organización. “Xa hai equipos femininos na Liga Galega, de xeito que as mulleres poden xogar coas súas propias regras”. Sheehy incluso amenaza aos equipos con denunciar a ilegalidade que supón usar a súa marca, para deste xeito protexer a esencia do deporte gaélico.

Suévia de Compostela, Torques de Lugoslavia, Afiadoras de Ourense, Ambilokwoi de Vigo e Cascarilha da Coruña disputan dende outubro a 'Liga Gallaecia'. Mentres, na Liga Galega participan Pontevedra Fútbol Gaélico, Irmandiños da Estrada, Estrela Vermelha de Santiago, Mecos do Grove e Fillos do Breogán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 128 comentarios

25 Toca-caralhas

Que caralho mais lhe dá à GAA que joguemos em equipas mistas. É simplesmente um organismo para jogarmos por diversóm, sem querer competir nos mais altos níveis. O único que muda da norma da GAA é o de admitir equipas mistas, no restante é o mesmo. Tanto vos molesta que joguem mulheres com homens? Tam malo é? Nós seguiremos adiante com a nossa proposta, que é a integraçom das mulheres e punto. Nom há mais

1 Irmandinho

Integración das mulleres e punto. Se iso, vai contarllo ás case 30 Irmandinhas do noso clube, a ver cando tedes ese número de rapazas xogando na vosa liga (sumando as que xogan en tódolos vosos equipos). Integración hahahaha. E non, non é o mesmo porque nin se quera sabedes as normas de xogo. Por outra banda, a mín paréceme perfecto que xoguedes a vosa liga coas vosas regras, pero non utilicedes a marca da GAA. O único que vos pedimos é respeto, que deixedes de perseguirnos e insultarnos e que respetedes a xente da Liga Galega, rapaces e rapazas, que por certo elas están fartas de que creades que tedes o deber de decidir como deben xogar elas. Nos seguiremos pensando en competir, un saúdo, a ver se a vosa liga despega e deixades de mirar para nós.

2 Enfin

non temos mais cousa q facer q estar pendentes do q facedes... canto egocentrismo meu deus

24 Vaia xenio

Non vos dades conta do patético e penoso que resulta isto, ánimo que estades facendo moito para popularizar o gaélico con esta discursión. Qué País... E vaia xenio o que filtrou a nova.

23 Pacificador

Pois a mim me parece mui bem que existam as duas ligas polo bem deste desporto e da Galiza e que aliás nom som incompatíveis. O resto perrenchas e andarmos a perder o tempo. Adiante!!

1 Melatraealpairo

Oq sodes é imbéciles...polo ben deste deporte,deberiades adoptar as regras e xogar todos xuntos,pa facer unha liga grande,forte e dar a coñecer ese deporte tan bonito.Oq facedes vos,son caprichitos de nenos tontos...porque non colledes e xogades ó baloncesto mixto¿?¿?porque confundides deporte con política....

2 Pikameunjuevo

Melatraealpairo pecha a porta ao sair! cantidade de veces tenho xogado torneos de baloncesto e futbol sala mixtos! Acabome de enterar que xogar en equipos mixtos é política, juas juas juas risazas

22 eumesmo

son de santiago de compostela e as veces adestro co suevia ou co estrela vermella, penso que ambos equipos teñen boa relacion e que o resto deberia seguir este exemplo. pero tamen e certo que no suevia hai duas cousas que me sorprenden, a primeira e que leven o logo da GAA e a segunda que nunca haxa mulleres adestrando, polo que igual, baixo a miña opinion, deberian competir na liga oficial

1 Por min galaico

O do logo por suposto que se debería borrar ou ocultar, eu fareino encantado. Non sei quen eres (eu Oscar por se che interesa) pero deberías vir máis a adestrar porque hai ben poucos adestramentos nos que non haxa ningunha.

2 eu mesmo

pois fun 4 ou veces, o dia que mais habia eran 3 mulleres, outro dia habia dous e os dous ultimos nengunha

21 Por min galaico

É doado, vós xogade a vosa liga e nós a nosa... Non decides nada do de prohibir xogar a xogadores que estean na liga oficial na liga Gallaecia? ou iso non queda ben que se sepa? E o das amezas con expulsar o Estrela Vermelha da oficial porque o seu adestrador é o mesmo có do Suevia? Non se supón que a nosa liga non existe, nin é oficial? entón cal é a xustificación desta actitude? Aquí os únicos que non mostran vontade de popularizar o deporte é a GAA, e algúns membros da "oficial", que ben seguro que tamén hai xente normal, da que entende que as dúas ligas poden convivir e colaborar. E que aínda non vin argumentación coherente para xustificar este boicot á liga Gallaecia(que se son uns nacionalistas, que se fan política, que se xogan mulleres xa non é gaélico...). Pero dende logo o mellor de todo é do que di que un poder político controla o Suevia, buff, vaite mirar!

1 Un fillo

Eu vexo a cousa así... hai unha festa que organiza outro, invitame a pasar, bailar e tomar unhas copas, reservame un trociño da neveira para as miñas cervexas e eu no felpudo da entrada chamolle machista e lle deixo un zurullo. E para mais inri lle monto unha contrafesta no portal do lado... quen boicotea a quen?? Ao mellor o simplifico moito...

2 anonimo

Mola!!! xogar nunha liga oficial e despois xogar noutra no mismo deporte que ataca a primeira por segregacionista ....como se lle chama a eso segregacionista de dia e tio guay de tarde?? Ou arre ou Xo....aqui queremos foder e telo virgo a vez!! jajaja as duas posturas son respetables iso seguro, pero os reglamentos son claros e hai q cumplilos

3 Por min galaico

Home, pois igual si que simplificas moito si. Seguindo co símil, tes razón, nos fomos invitados a esa festa pero queríamos que se puxera unha música, pero como a música era reggaeton, nos decidimos montar outra festa na que haxa rock e quen queira ir as dúas festas por nós non hai problema, pero os organizadores da vosa din: se vas a deles ti non vas a nosa e os teus amigos tampouco. Repito, na Gallaecia non hai ningún problema coa "oficial", non podendo decir vós o mesmo. E por certo, nós sempre quixemos poder xogar amigables cos oficiais, temos ido a xornadas da vosa liga, temos ido a xornada da liga ibérica na Coruña, co cal é evidente que nos non boicoteamos nada.

4 anonimo

Repito, falamos de LIGA OFICIAL, para xogar tes q aceptar as suas normas te gusten ou non...nada ten q ver con invitar ou non invitar. Falamos de Reglamentos!! Ademais dentro dos deportes gaelicos hai unha disciplina mixta parecida o futbol gaelico...pero o parecer tampouco vale por estes lares