Non ao fútbol gaélico mixto

O presidente da asociación reitora dos deportes gaélicos en Europa avisa aos cinco equipos da Liga Gallaecia que non existe a modalidade mixta e ameázalles con accións legais por usar a súa 'marca'.

Por gcdeportes | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 00:28

Comparte esta noticia

Non hai espazo para o deporte mixto dentro do European County Board, a entidade que rixe os deportes gaélicos no continente europeo. Nas últimas semanas, Brian Sheehy, presidente do consello europeo, ten enviado mensaxes aos distintos equipos da Liga Gallaecia para negarlles a posibilidade de xogar partidos mesturados de homes e mulleres baixo o paraugas oficial do fútbol gaélico.

Plantel do equipo compostelán do Suevia.
Plantel do equipo compostelán do Suevia.

Segundo Sheehy, é unha cuestión de integridade física: no fútbol gaélico masculino permítese o contacto, non así no feminino. Son diferentes e polo tanto mesturalos vai contra a esencia e a tradición do deporte máis popular en Irlanda. “Hai equipos separados en fútbol, en baloncesto, en rugby... todos nos que hai contacto físico polo que... por qué debería GAA (siglas en inglés da Asociación Atlética Gaélica) ser diferente?”, argumenta. “Vostede di que xoga fútbol gaélico, pero non. Fútbol gaélico só xogan os clubs rexistrados na asociación GAA”.

De feito, Brian Sheehy lembra aos integrantes da Liga Gallaecia que só os clubs representados na denominada Liga Galega son parte oficial da GAA (dende novembro) e só eles poden xogar o fútbol gaélico ‘oficial’ en Galicia. O presidente do European County Board insta á Liga Gallaecia a respectar as regras da asociación e non xogar partidos mixtos para poder ser parte da organización. “Xa hai equipos femininos na Liga Galega, de xeito que as mulleres poden xogar coas súas propias regras”. Sheehy incluso amenaza aos equipos con denunciar a ilegalidade que supón usar a súa marca, para deste xeito protexer a esencia do deporte gaélico.

Suévia de Compostela, Torques de Lugoslavia, Afiadoras de Ourense, Ambilokwoi de Vigo e Cascarilha da Coruña disputan dende outubro a 'Liga Gallaecia'. Mentres, na Liga Galega participan Pontevedra Fútbol Gaélico, Irmandiños da Estrada, Estrela Vermelha de Santiago, Mecos do Grove e Fillos do Breogán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 128 comentarios

20 Un fillo

Feitos da GAA (podedes comparalos cos da FIFA ou FIBA): - Recoñecemento dun Campionato da Rexión Xeográfica de Iberia con entidade supraestatal para que todas as nacións da península puideran atopar un espazo común para competir deportivamente. - Recoñecemento da Selección Nacional Galega con autorización oficial para competir dentro da GAA. - Recoñecemento da Liga Galega e da Asociación Galega de Fútbol Gaélico como xestora da mesma. - Rexeitamento da moción de revocamento das decisións anteriores (moción de Suiza este mesno inverno) - Esixir xogar baixo as regras internacionais que non permiten competicións mixtas. ESTÁ CLARISIMO! GAA=SATÁN!!!

19 Doutor Moreno

Outro Irlandés mais (supoño que apostólico e romano) blandindo, subrepticia e subliminalmetne, tabúes sobre a sexualidade....(despois ollan para outro lado cando curas e bispos lles meten man aos/ás seus/súas nenos/as)....e que viva Irlanda Ceibe!!!

1 lois

E na Galiza máis do 80% da poboación é cristiá (por moito que lle amole a algúns), mais iso non sei que carallo ten que ver co que se fala aquí. Ah, ben, que pra ti a culpa é da eirexa e dos crentes, coma costuman dicir os de sempre... Veña ho, deixade o vitimismo cheirento, que dá noxo.

18 Un

Isto é moi sinxelo, os da Gallaecia xogade ó voso gaélico e os da Liga Galega xogaremos ao fútbol gaélico. Se non queredes aceptar as regras da GAA, ben por vós, pero non xoguedes con equipacións que teñan dita marca. É algo lóxico. Facede toda a política que queirades, podedes tacharnos de machistas o que queirades (mentres logo vós xogades a outros deportes onde o mixto xa non parece tan esencial, pero só é unha hipocresía máis pola vosa parte) e volvede a comparar o noso coa ablación. Nós seguiremos competindo é disfrutando de este deporte. Rapaces e rapazas. Vós seguide escupindo bile, é o que vos queda, facer ruido e mentir para ver se algún ignorante cree determinadas falacias. Sorte coa vosa liga.

1 A Modo

O de escupir bile é mais ben dalgúns membros da vosa Liga. De feito os que mandaron a nota a este xornal foron eses membros e non a European County Board. Deixadenos en paz e nos deixaremosvos en paz. O problema dos logos xa está solucionado. Apertas

2 Forza Torques

Facer ruído e cuspir bile a Liga Gallaecia? Perdoa meu pero non sabes o que dis. A Liga Gallaecia nen as súas equipas están a menear nada deste asunto e tanto esta "noticia" como o mail da GAA proveñen dos dirixentes coruñeses dos Fillos de Breogán. Deixade á Liga Gallaecia en paz que non vos pediu nen vos pedirá nada. E o matrimonio gai é matrimonio, igual que o futbol gaélico misto é fútbol gaélico.

3 one

E por que son "políticos"? Por que nun mesmo equipo xogan homes e mulleres? Vaia PARVADA

4 Futebol Galego

Para além dos argumentos de cada quem, quem fale de que 'nom se deve politizar o futebol e o desporto' em geral, e os desportos gaélicos em particular, é que nom conhece a história desses desportos ou e um completo indocumentado. Enfim.

5 Julian Fillo

Os fillos non teñen que ver nada con esta noticia.

17 Jallejo

Para todos os que dizedes que a Liga Gallaecia é política, que é o que fazedes vós com a selecçom galega? Ou é que se isto se esplha polo estado asumiredes que a selecçom espanhola manda mais que a galega?

1 En fin

Se soubeses como funcionan os deportes gaélicos, saberías que a túa pregunta é unha soberana estupidez. Pista, o último partido internacional da selección galega foi contra outra oficial chamada Bretaña. Veña, pon a funcionar os miolos.

2 Jallejo

Se souberas como jogou a selecçom galega o seu primeiro jogo, e como a GAA nom estava mui de acordo assim de primeriras saberias que a tua resposta é umha soberana parvada. Para falar com algúm de vós é melhor colher um pao...

16 Brais García dos Torques

Ninguén está disposto a ceder no seu e colaborar de forma positiva nesta situación. O importante é que os equipos das dúas Ligas facemos o que podemos para implicar homes e mulleres, xogar, aprender e desfrutar. Que avancen as dúas é bo. Este cruce de acusacións(un aplauso para o que filtrou a mensaxe) é negativo para as dúas organizacións e afasta á xente nova de iniciarse moito máis que se xogar mixto é ou non é fútbol gaélico. É tan malo que a un nivel amateur homes e mulleres xoguen xuntos coas regras de contacto para homes? A Liga Gallaecia non é polítca, é extra-oficial cun criterio distinto acordado polos implicados.Se non hai interese nun acordo que contente ás dúas partes para que seguir discutindo? Defender unha marca? Se alguén quere debatir matices este é o meu correo. caldaloba@gmail.com Saúdos a todos

1 Lamas Ourense

concordo ao cento por cento contigo Brais

2 Lex de Cascarilha

Ben falado

3 Recoiros

Tam dificil seria manter 2 ligas e ter umha possiçom construtiva em todo isto? Tam dificil seria que, quem quizer da L. Gallaecia puidera jogar, se convocad@, na equipa masculina ou feminina da selecçom nacional? Nom ganhariamos tod@s? Ou é que há alguem interessado em polemizar com este tema seja como seja? Concordo com Brais e acho que é fácil o acordo. Mas nom esqueçamos que mais alá da GZ nom há gaélico misto.

4 Forza Torques

Brais, como xogador dos Torques sabes que nengunha equipa da Liga Gallaecia tivo posicións destrutivas neste asunto e só pretendemos xogar fútbol gaélico (porque o é) e que nos deixen xogar. Os que andan malmetendo son certos individuos coruñeses que lles entrou unha fixación contra uns rapaces e rapazas que non lle facemos mal nengún. E Galicia Confidencial, coma sempre, ao servizo da destrución de todo o que signifique construir País.

5 Tino dos Torques

Ben falado Brais, o principal é que levamos xa case un ano adestrando e aprendendo un deporte que hai pouco moitos nin coñecían. O de xogar mixtos, segregados ou das dúas maneiras é unha decisión de cada un ou do colectivo (no caso dun clube) mais isto nunca debería ser excluínte para ninguén. Xa na vida hai demasiadas exclusións como para facer do deporte unha excusa para outra máis. Pola miña parte, ainda parecendo inxénuo, non renuncio a pensar que nun futuro se poda chegar a un acordo. Ogallá que esta discusión serva como punto de partida para elo e non como simple desafogo verbal.