Non ao fútbol gaélico mixto

O presidente da asociación reitora dos deportes gaélicos en Europa avisa aos cinco equipos da Liga Gallaecia que non existe a modalidade mixta e ameázalles con accións legais por usar a súa 'marca'.

Por gcdeportes | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 00:28

Comparte esta noticia

Non hai espazo para o deporte mixto dentro do European County Board, a entidade que rixe os deportes gaélicos no continente europeo. Nas últimas semanas, Brian Sheehy, presidente do consello europeo, ten enviado mensaxes aos distintos equipos da Liga Gallaecia para negarlles a posibilidade de xogar partidos mesturados de homes e mulleres baixo o paraugas oficial do fútbol gaélico.

Plantel do equipo compostelán do Suevia.
Plantel do equipo compostelán do Suevia.

Segundo Sheehy, é unha cuestión de integridade física: no fútbol gaélico masculino permítese o contacto, non así no feminino. Son diferentes e polo tanto mesturalos vai contra a esencia e a tradición do deporte máis popular en Irlanda. “Hai equipos separados en fútbol, en baloncesto, en rugby... todos nos que hai contacto físico polo que... por qué debería GAA (siglas en inglés da Asociación Atlética Gaélica) ser diferente?”, argumenta. “Vostede di que xoga fútbol gaélico, pero non. Fútbol gaélico só xogan os clubs rexistrados na asociación GAA”.

De feito, Brian Sheehy lembra aos integrantes da Liga Gallaecia que só os clubs representados na denominada Liga Galega son parte oficial da GAA (dende novembro) e só eles poden xogar o fútbol gaélico ‘oficial’ en Galicia. O presidente do European County Board insta á Liga Gallaecia a respectar as regras da asociación e non xogar partidos mixtos para poder ser parte da organización. “Xa hai equipos femininos na Liga Galega, de xeito que as mulleres poden xogar coas súas propias regras”. Sheehy incluso amenaza aos equipos con denunciar a ilegalidade que supón usar a súa marca, para deste xeito protexer a esencia do deporte gaélico.

Suévia de Compostela, Torques de Lugoslavia, Afiadoras de Ourense, Ambilokwoi de Vigo e Cascarilha da Coruña disputan dende outubro a 'Liga Gallaecia'. Mentres, na Liga Galega participan Pontevedra Fútbol Gaélico, Irmandiños da Estrada, Estrela Vermelha de Santiago, Mecos do Grove e Fillos do Breogán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 128 comentarios

15 Emighrante

O desporto segregado é uma herança mais do machismo (patriarcado) que impera na sociedade. Nada justifica essa prática, entendendo o desporto como actividade lúdica de melhora pessoal e ferramenta de encontro social. Quando o desporto vira negócio a "diferença física" transforma-se em muito útil, como se dentro duma equipa masculina não houvesse diferentes tipos físicos. Na Irlanda as actividades sociais públicas vêm muito da mão do catolicismo, isto é, puritanismo puro e duro, onde até muitos homens nos balneários ducham com cuecas postas não vaia ser que outros olhem para os seus caralhos de machotes... demasiado homoerótico! :P Na Galiza poderíamos ter começado algo realmente novo e totalmente inclusivo, mas decidimos copiar modelos organizativos que perpetuam esse sistema segregacionista sem lhes apresentar a nossa visão ou "humilde" achega. Enfim. Os/as que jogam na liga mista que lhe mudem o nome e que continuem desfrutando, que disso é que se trata.

1 até o carallo

Polas diferenzas físicas, cecais? O feminazismo sempre tocando o carallo con trapalladas.

2 Emighrante

Se um paisano de 1,60 e 55 kgs quer jogar numa equipa masculina... deixarias-lhe? Vai ser mais pequeno e pode correr "perigo" com tantos homens grandes! E porque não uma mulher? Tens que "protege-las" ti? Não podem elas decidir onde se metem? Que mais vás decidir ti por elas? Eu não tenho problema em jogar com mulheres se querem jogar comigo a qualquer nível, alá elas, e ti? Força aí, machote, acredita em tudo o que te dizem, fai tudo o que marcam as normas; hás chegar longe "competindo" num desporto amateur.

3 Melatraealpairo

oq hay e q ter unha cousiña clara...ese deporte non o inventastes vos,e hai unhas regras escritas q o q qere xojar,respeta...se vos qeredes xojar mezclados,porq sodes mui guais,colledes e chamadeslle doutra maneira!

14 frikis everywhere

Menuda tropa de frikis

13 O Bardo

Que estrano... todolos comentarios en castelan venhen dos machitos... Actitude lamentabel da liga galega, pero que se pode esperar de xente espanhola

1 Falar com Jeito

Pois se é como aponta o Bardo, nom se deveriam chamar "Liga Galega", mas "liga gaLLega", ou?

2 ouioty

Despois decide que non facedes política.. Sinto realmente pena de non poder xogar todos na mesma liga cas reglas do real Fútbol gaélico, non a ese xogo que vós inventades e facedes chamar Fútbol Gaélico.

3 Recoiros

Nom sei porque mas suspeito que muita gente que intervem nestes fios, sobre todo em espanhol, nom sabe nada enm tem nada a ver com o tema. Resulta absurdo ter que vincular tal ou qual atitude a umha ou outra postura. Eu aqui estou a ver diferentes possiçons defendidas por gentes duma ou outra liga. O bom é que nalguns casos, como o de Brais Garcia, som aportaçons constructivas.

4 Falando Claro

Algúns o que senten é pena por non poder xogar na Liga Gallaecia por cabezoneria, xa que dalle mil voltas á liga dos machotes! Pero tranquilos e tranquilas que para o ano se queredes podedes entrar as portas para vós están abertas!!

12 braianxiji

patético...quen querían ser popes do fútbol gaélico se chivan al primo de zumosol a ver se a xente da Liga Gallaecia se acojona e despois fan un artigo sen asinar no único medio que lle dá bola e aínda por riba borran os comentarios que non lle gustan. A Liga Gallaecia vai seguir funcionando gostedes ou non. A GAA pode dicir misa en gaélico.

1 afiliado a GAA

A GAA dira o que considere oportuno e tomara as accions legais que asi estine para defender un deborte do que son ente rexedor a nivel mundial. Pero cando tome as accions oportunas que? Por desgracia estes achantaran xa que nin a lexislacion galega cumplen. Eles so saben de vuctimismo e manipulacion como estan a facer aqui.

11 Breoghán

Estón dacurdo em fazer-mods nas de irmos aos cuamtos afagha falta, o que nom voue comsentir é a exercicia de manipulzom pela parte da nosa nosa asim voçe me mata..... Dejad de hacer política y si tan orgullosos estais de vuestra liga, pues de p.. madre. Esta noticia es una provocación. Enhorabuena por crear un desporto. Lucense Enfurecido, la próxima vez debería recutar el código mercantil de carrerilla para que te pueda considerar un pedante de verdad. Un saludo a forocoches

1 así imos

Portunhol, castelán... Aquí falades de todo agás galego.