Non ao fútbol gaélico mixto

O presidente da asociación reitora dos deportes gaélicos en Europa avisa aos cinco equipos da Liga Gallaecia que non existe a modalidade mixta e ameázalles con accións legais por usar a súa 'marca'.

Por gcdeportes | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 00:28

Comparte esta noticia

Non hai espazo para o deporte mixto dentro do European County Board, a entidade que rixe os deportes gaélicos no continente europeo. Nas últimas semanas, Brian Sheehy, presidente do consello europeo, ten enviado mensaxes aos distintos equipos da Liga Gallaecia para negarlles a posibilidade de xogar partidos mesturados de homes e mulleres baixo o paraugas oficial do fútbol gaélico.

Plantel do equipo compostelán do Suevia.
Plantel do equipo compostelán do Suevia.

Segundo Sheehy, é unha cuestión de integridade física: no fútbol gaélico masculino permítese o contacto, non así no feminino. Son diferentes e polo tanto mesturalos vai contra a esencia e a tradición do deporte máis popular en Irlanda. “Hai equipos separados en fútbol, en baloncesto, en rugby... todos nos que hai contacto físico polo que... por qué debería GAA (siglas en inglés da Asociación Atlética Gaélica) ser diferente?”, argumenta. “Vostede di que xoga fútbol gaélico, pero non. Fútbol gaélico só xogan os clubs rexistrados na asociación GAA”.

De feito, Brian Sheehy lembra aos integrantes da Liga Gallaecia que só os clubs representados na denominada Liga Galega son parte oficial da GAA (dende novembro) e só eles poden xogar o fútbol gaélico ‘oficial’ en Galicia. O presidente do European County Board insta á Liga Gallaecia a respectar as regras da asociación e non xogar partidos mixtos para poder ser parte da organización. “Xa hai equipos femininos na Liga Galega, de xeito que as mulleres poden xogar coas súas propias regras”. Sheehy incluso amenaza aos equipos con denunciar a ilegalidade que supón usar a súa marca, para deste xeito protexer a esencia do deporte gaélico.

Suévia de Compostela, Torques de Lugoslavia, Afiadoras de Ourense, Ambilokwoi de Vigo e Cascarilha da Coruña disputan dende outubro a 'Liga Gallaecia'. Mentres, na Liga Galega participan Pontevedra Fútbol Gaélico, Irmandiños da Estrada, Estrela Vermelha de Santiago, Mecos do Grove e Fillos do Breogán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 128 comentarios

5 Atleta Galego

Pois. E metam aí outros desportos galegos como a bilharda, a luita galega, o jogo do pau, etc..

1 Sabela

O tute, liar porros, mover marcos, beber cubatas, carretar xente, ir a manifas para pillar, concuerdo!!!!

2 Atleta Galego

Desculpem: a mensagem apareceu onde nom devia. Era em resposta e apoio a quem propuxo criar a Associaçom Atlética Galaica (AAG), em que deveriam ir incluidas ao meu ver todas as modalidades desportivas galegas: futebol galaico, luita galega, jogo do pau, bilharda, etc... e permitir as equipas mistas e a participaçom igualitária de homes e mulheres.

4 xa esta ben de mentiras

Xa esta ben de facer demagoxia con este tema e de mentir. Dende un principio o equipo impulsor da liga mixta estivo a facer ver q ia xogar cos masculinos e femininos para poder ter apoio institucional e mesmo chegou a votar xogar con eles, pero certos elementos politicos que controlan este equipo preferiron facer politica e facerse as victimas que facer deporte. E tan sinxelo como que nas duas asociacions hai 5 equipos, pero unha delas (a oficial) conta con mais de 300 xogadores e a outra a que so busca facer politica e crear crispacion e division conta con 50 ou menos xa que ata os xogadores teñen que rotar de equipo para poder xogar. Por non estar nin sequera estan cumplindo co regulamento vixente para as entidades deportivas en galicia. Xa esta ben de crear polemica, e de patalexar cando non che cumpren os caprichos, 2 non poden obrigar a 300 a facer o que a eles lles de a gaña.

1 Lucense enfurecido

A equipa masculina da Coruña creou unha filial "pantasma" en Oleiros (son os mesmos) e idem a da Estrada, só para poder facer ver que son máis. Estase mentindo conscientemente co número de xogadores de ambas as ligas, hinchando dun lado e facendo o contrario do outro. Animo á xente a que vexa as fotografías das equipas e comprobará como se está faltando á realidade. En calquera caso, existe liberdade de asociación con fins lícitos (facer deporte éo), e a xente pódese xuntar para facer deporte como lle veña en gana. E a denominación "futbol gáélico" non é legalmente patrimonio exclusivo de ninguén. Daría o que fose por ver a cara do xuíz se lle entra unha demanda por violación (de qué?) por usar a denominación dun deporte. Déixovos que vou correndo a rexistrar a denominación fútbol, baloncesto e voleibol para demandar os nenos que xogan eses deportes nos patios dos colexios.

2 Aclaracions

O problema dos falsos victimismos e das mentiras, é que son fácilmente demostrables. Na Liga Galega de Fútbol Gaélico, xogan A Coruña, A Estrada, Pontevedra, Compostela e O Grove. 5 equipos. Nin Oleiros e o filial de A Estrada participan na liga. Xa que precisamente vai en contra das normas (o caso do filial de A Estrada, claro). Na modalidade de 7 vs 7 (a xogada o ano pasado) sí se utilizaron "filiais" con rotación entre membros (que non podían repetir en cada xornada) algo totalmente lícito nas normas da GAA. O que sí non ten sentido é non xogar baixo as normas da GAA, tildalas de machistas e por enriba levar as siglas da GAA na camiseta. Mira, ¿por qué non vos deixades de falsos victimismos, de mentir sobre nós e vos dedicades ao voso? O voso é facer política e de vez en cando, xogar a algo parecido ó fútbol gaélico.

3 cfg

Pois "Gran Premio" sí é marca rexistrada

3 Assoc. Atlética Galaica (AAG)

Sendo os irlandeses atuais os descendentes dos galaicos que partiram daqui para alá, devíamos é reclamar o nome original em vez de empregar marcas alheias: Futebol Galaico e Associaçom Atlética Galaica (AAG). E a partir daí estabelecem-se as normas que decidamos nós, sem lhe termos que ir pedir permisso a ninguém. Adiante!

1 anqq

Vaia soplapollez jaja!

2 Eu

gosto desta proposta...conta com tudo o meu apoio!

2 Futebol Galaico

Pois tampouco é tam grave: em lugar de o chamar gaélico, chamemo-lo galaico, e morra o conto.

1 Nete

Correcto. Eu xogo na Liga Galega masculina, segundo as normas da GAA, e dame igual que outra xente xogue mixto outra liga. A xente é libre de facer o que lle pete. Outra cousa é que a iso non se lle poida chamar Fútbol Gaélico. Parece que a GAA non está disposta a que se lle chame así.

2 Mete

¡Eso, si los gays se quieren casar que se casen, pero que no lo llamen matrimonio! Perdón, quero dicir... se queren xogar unha liga mixta que a xoguen, pero que non lle chamen fútbol gaélico!

3 Futebolista Galaica

Arrecona! Agora quê é o que importa? O nome, ou a cousa? Que lhe chamen "gaélico" ou que joguemos ao que nos saia das conas?? A mesma lógica parva que com a língua: nom podemos escrever em galego direito para que nom lhe chamem "português". Chamade-lhe X e, como diz o compadre, que morra o conto!

1 cose

Alguen nos pode explicar xk hai 2 asociacions??

1 anonadado

Polo que di a noticia, porque os da GAA están enfermos, e os seus repñresentantes na terra tan tolos coma eles

2 gaelico

Moi doado, porque hai unha liga de xente que quere facer deporte (a liga masculina femenina oficiais da GAA) e unha liga de políticos (a liga mixta). O asunto é que os que abandeiran o xogo mixto no fútbol gaélico, non teñen ningún problema en xogar ao fútbol, baloncesto, rugby en equipos masculinos. Co que se non fora o tema do mixto sería outro tema polo que se dividirían. Polo tanto mais que ante unha loita feminista están por unha loita femilista (utilizalo feminismo para sacar réditos políticos). Na liga oficial xoga toda a xente que lle gusta este deporte e participa por gusto. Na liga mixta están tódolos políticos que tentan sacarlle rédito político a este deporte e van a xogar por militancia.

3 Lina Morgan Freeman

PAPI HIRLANDA PAPI HIRLANDA NO QUIERE JUEGÁ CON NOSOTRO! QUIEREN JUGÁ CON NIÑAH! QUE AJCO! Extracto da mensaxe que mandaron os da AFGG á GAA.

4 xa esta ben de mentiras

liga mixta? se un so equipo da liga feminina ten mais equipos q todolos da mixta? se hai algun da liga mixta q ata chegou a xogar sen mulleres

5 Diooooos

A ver se vos entra dunha vez na cachola: na Liga Gallaecia non hai impedimentos para xogar segundo o sexo. Que quere dicir isto? Q se pode xogar sen mulleres, sen homes, unha muller e todo homes, un home e todo mulleres... e así. A que non é tan complicado de entender?