Queres coñecer cal é a importancia da economía de proximidade?

Un seminario proposto pola UIMP vai permitir entender máis en profundidade esta rama. Terá lugar os días 8 e 9 de novembro na Fundación Luis Seoane da Coruña

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo acaba de lanzar  a primeira edición dun seminario sobre economía de proximidade que se celebrará na Fundación Luis Seoane da Coruña o próximo 8 e 9 de novembro. O programa inclúe a participación de relatores de "máximo nivel" en Europa, como o profesor da Universidade de París, André Torre; o comisionado de política alimentaria do Concello de Barcelona Álvaro Porro ou o eurodiputado Nicolás G. Casares.

Fundación Luis Seoane da Coruña | Fonte: fundacionluisseoane.gal
Fundación Luis Seoane da Coruña | Fonte: fundacionluisseoane.gal

Para a universidade este seminario é fundamental "nestes días nos que moitos sectores están padecendo problemas de suministro e moitos produtos alimentarios acusan importantes subas de prezos", segundo indica nun comunicado. O programa xira en torno a catro argumentos: a importancia da proximidade na economía, a obriga de implantar políticas de impulso, a importancia do seu estudo e traballo e a oportunidade que a economía de proximidade dá para o emprendemento.

O seminario vai dirixido a un público xeral ou a aqueles especializados na área económica. O custe da matrícula será de 40€, as prazas son limitadas e o curso será presencial.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta