Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2021 | Actualizada ás 10:26
Dúas persoas resultaron feridas en senllos accidentes de coche, un en Zas (A Coruña) e outro en Meis (Pontevedra), segundo informa o servizo de emerxencias 112. No primeiro caso, houbo que excarcerar á condutora do interior do vehículo que conducía tras envorcar.
Os feitos sucederon sobre as 23,30 horas da pasada noite. A esa hora, un particular contactaba co 112 Galicia para informar dun vehículo accidentado na AG-55, á altura do punto quilométrico 56, en Baio, dirección Coruña, no concello coruñés de Zas, sen asegurar se había persoas feridas ou atrapadas no interior do vehículo.
SAÍDA DE VÍA EN MEIS
Por outra banda, a escasos minutos das dúas desta madrugada, o 112 Galicia era informado doutro accidente no municipio pontevedrés de Meis. Neste caso, segundo informou o alertante que chamou para pedir axuda, tratouse dunha saída de vía dun coche que circulaba pola estrada que vai de San Martiño a Meis, ao pasar A Fragua, co condutor ferido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.