Por GC Tendencias | | 21/01/2014 | Actualizada ás 12:36
A actividade, enmarcada no proxecto de Hortos Urbanos da USC, desenvolverase nas cociñas do Colexio Maior Fonseca de Santiago e da Residencia Universitaria Bal e Gay de Lugo os días 28 e 29 de xaneiro, respectivamente, ás 17:00 horas.
A inscrición será de balde (cunha achega voluntaria de 2€ para material), e para facela efectiva haberá que enviar un correo a entransicion@usc.es no que se indique nome completo, colectivo ao que se pertence (estudante, PDI ou PAS), centro de estudos ou traballo, enderezo electrónico, teléfono móbil de contacto, indicando a edición na que se quere participar (Santiago ou Lugo).
As prazas serán limitadas e cubriranse por orde de inscrición (data límite en Santiago o día 24 e en Lugo o 28, ás 12.00 horas), con prioridade para os membros da comunidade universitaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.