Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2021 | Actualizada ás 10:06
O incendio forestal orixinado no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa permanece activo e, segundo as últimas estimacións, afecta a unhas 50 hectáreas. Segundo o balance difundido pola Consellería do Medio Rural con datos recollidos ata as 8,30 horas deste martes, o lume permanece activo desde as 11,38 horas deste luns.
De acordo coas últimas estimacións, as chamas afectan a unha superficie de ao redor de 50 hectáreas na parroquia de Requeixo, en Chandrexa de Queixa. Ademais, para controlar o incendio mobilizáronse a un técnico, 11 axentes, 31 brigadas, 18 motobombas, dúas pas, un helicóptero e dous avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.