Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2021 | Actualizada ás 14:53
O Concello da Coruña impulsará unha residencia literaria, situada na rúa Rego de Auga, que servirá para axudar no seu proceso creativo a autores españois.
A iniciativa foi presentada pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a poetisa Yolanda Castaño. A autora creou esta residencia en 2019 e autores de varias partes do mundo xa fixeron uso dela.
Segundo explicou Inés Rey, o obxectivo, coa residencia literaria 'Cidade da Coruña', é darlle aos autores "un espazo de inspiración fóra das súas rutinas". A persoa que sexa seleccionada poderá gozar desta residencia durante o mes de novembro.
A alcaldesa reafirmou o compromiso do concello coa cultura, un sector que segundo dixo Rey, "quedou un pouco de lado" durante a crise provocada pola Covid-19.
REQUISITOS
Para poder acceder a este espazo os escritores deberán cumprir unha serie de requisitos. Así, terán que presentar unha memoria dun proxecto, un dossier do traballo previo, unha biografía e unha carta na que expoñan as súas motivacións.
Os escritores deben residir en España e ter un libro publicado. As obras poden estar escritas no catro linguas oficiais do Estado. A inscrición abrirase mañá ata o día 30 de setembro. Un xurado decidirá finalmente a persoa que accederá á residencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.