O lume de Ribas de Sil queimou parte da vexetación dunha zona de gran interese xeolóxico en Castro Dares

O impacto do incendio "non vai afectar á estrutura" do sinclinal, explican dende o xeoparque Montañas do Courel.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O lume que arrasou esta semana máis de 1.700 hectáreas nos concellos de Ribas de Sil, A Pobra do Brollón e Quiroga tivo incidencia tamén na parte sur do xeoparque Montañas do Courel. Unha das zonas destacadas que foi afectada é o sinclinal de Castro Dares en Quiroga, onde se queimou parte da vexetación.

"É unha zona cun gran interese xeolóxico, pero non ten o grao de protección de monumento natural", puntualizou Martín Alemparte, coordinador do Xeoparque. "O impacto que ten un incendio sobre unha estrutura xeolóxica non vai afectar á estrutura en si formada hai millóns de anos", puntualizou.

No entanto, non se descarta que poida haber algunha afectación "a nivel micro", xa que as rocas foron sometidas a "altas temperaturas". Aínda así, a cuarcita é unha roca "moi dura" que tamén está exposta á erosión en "outras condicións climatolóxicas como a choiva ou a neve".
Por parte do xeoparque tamén sinalaron os cambios producidos na paisaxe. Ardeu parte do transcurso da Ruta do Ouro que percorre unha serie de miradoiros de Ribas de Sil.

Martín Alemparte destacou como positivo as primeiras conclusións dos técnicos de Lourizán ao analizar a zona. "Viron pouco risco de erosión. Hai piñeiros que polo tronco parece que non arderon dada a voracidade das lapas que ían saltando continuamente de copa en copa", comentou.

INVESTIGACIÓN DAS AUGAS

O geoparque tiña previsto xa antes do incendio iniciar uns traballos técnicos co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME) para analizar as composicións químicas da auga.

Agora tiveron que aprazar as análises nalgún punto do río Lor como consecuencia do estado da zona tras o lume, aínda que confían en que sexa "algo transitorio" e que estes datos "confirmen a boa calidade que se lle presupoñen a estas augas", comentaron.

Conducións de auga queimadas na parroquia de Rairós, pertencente ao municipio de Ribas de Sil, a 9 de setembro de 2021, en Ribas de Sil, Lugo, Galicia (España). O incendio declarado na parroquia de Ribas de Sil do municipio homónimo foi dado. Rosa Veiga - Europa Press
Conducións de auga queimadas na parroquia de Rairós, pertencente ao municipio de Ribas de Sil, a 9 de setembro de 2021, en Ribas de Sil, Lugo, Galicia (España). O incendio declarado na parroquia de Ribas de Sil do municipio homónimo foi dado. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta