Por E.P. | A CORUÑA | 13/09/2021 | Actualizada ás 17:52
A artista Irene Grau (Valencia, 1986), coa súa obra titulada 'Sobre o que resta / 162114-W-2', é a gañadora do XVII certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas da Deputación da Coruña. A obra está realizada con cinzas recollidas dos incendios en Galicia en 2017 sobre lenzo.
Un xurado composto por Elena Bangueses, David Barro, Xosé Manuel Buxán, Ánxela Caramés e Mauro Trastoy, gañador da edición anterior, escolleu por unanimidade a obra da artista, de entre o corenta finalistas que foran seleccionadas do total das presentadas a esta convocatoria.
O xurado valorou a calidade da obra presentada e "a súa orixinalidade e capacidade conceptual e crítica para transferir a paisaxe e o contexto galego á pintura". Tamén destacou "a coherencia á hora de traballar o pictórico a partir da acción de camiñar e de observar a realidade", así como "a sustentabilidade dos usos dos materiais empregados", en referencia á cinza procedente dos incendios do ano 2017.
A artista vive e traballa en Santiago de Compostela e é doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. En 2010 recibiu unha bolsa de Excelencia Académica e de 2011 a 2015 a bolsa FPU concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para desenvolver os seus estudos de doutoramento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.