Por Galicia Confidencial | Teo | 14/09/2021 | Actualizada ás 16:54
O Concello de Teo, mediante unha resolución da Concelleria Delegada de Urbanismo, vén de remitirlle a Toysal o cese de actividade e reposición da legalidade. Podes consultar aquí o documento completo. O que se lle comunica á empresa é a disposición do "cese inmediato da actividade de apertura dunha canteira, planta de trituración e ensilado, situada na Casalonga, sen o correspondente título habilitante".
Así mesmo incoase expediente de reposición da legalidade urbanística concedendo un prazo de quince días ao interesado para que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime oportunos.
A explotación da canteira Casalonga 6996 conta cunhya licenza do ano 1978 para a instalación dunha canteira, planta de trituración, clasificación e ensilado, e planta de formigón que debía cumprir cunha serie de condicionantes establecidos no seu día pola Comisión Provincial de Servicios Técnicos ao considerarse unha actividade "molesta, insalubre e perigosa".
As inspeccións técnicas realizadas este verán amosan que non se están cumprindo estas condicións necesarias para o mantemento da citada licenza de actividade. Á vista desto resólvese o cese de actividade e expediente de reposición da legalidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.