Falecen dúas persoas que foran diagnosticadas con COVID

Os dous falecidos padecían patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou a morte de dúas persoas con coronavirus en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas elévase a 2.610 desde o inicio da pandemia.

Unha desas defuncións produciuse o pasado 13 de setembro. Trátase dun home de 82 anos, falecido no Povisa de Vigo. Contaba con patoloxías previas.

Este martes, 14 de setembro, morreu un home de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Tamén tiña patoloxías previas.

Un cribado en Galicia / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Un cribado en Galicia / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta