Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 14:49
A concellaría de Obras de Santiago de Compostela traballa en 30 actuacións por toda a cidade, cun orzamento de máis de dez millóns de euros. O responsable do departamento, Javier Fernández, detallou este mércores en rolda de prensa, onde ademais sinalou que hai oito proxectos en fase de licitación.
Das obras en marcha, Fernández destacou a de Concheiros, de nove meses de execución, e á que se lle outorgou unha prórroga para reaxustar os servizos de saneamento. "Non se trata dun atraso, senón dun reaxuste da obra", asegurou o concelleiro.
Así, actuarase en Fontiñas, na rúa do Valiño, no campo da festa de Castiñeiriños como zona multiusos e na accesibilidade do Pazo de Raxoi, na zona cuberta de Santa Marta e en Santa Isabel.
RENOVACIÓNS DE PAVIMENTO
Renovarase ademais o campo de fútbol do Sergas, reacondicionarase a Ponte Vella de Vidán, por onde discorre o Camiño Portugués e se renovará o pavimento na Avenida de Asturias. Tamén se están reformando os aseos na rúa Triniadade e na Alameda e nos aseos públicos da Avenida de Raxoi. Outras actuacións son melloras no Palacete da leira do Espiño, Rúa do Pombal, centro sociocultural Salvador Parga, rúa do Bidueiro, Avenida Xoan XXIII e Vía Edison.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.