A USC colaborará coa Xunta para desenvolver un asistente virtual nos trámites administrativos dixitais

A aplicación está dirixida a colectivos con dificultades no uso das novas tecnoloxías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaborará coa Xunta para o desenvolvemento dun asistente virtual que guíe aos cidadáns á hora de realizar trámites administrativos na sede electrónica. O convenio que contempla esta acción colaborativa entre a entidade educativa e a Administración galega foi asinado este martes polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e o reitor da USC, Antonio López.

A través dun investimento de case 483.000 euros, a universidade compostelá encargarase do desenvolvemento do asistente virtual e tamén concretará a aplicación de tecnoloxías intelixentes de face a mellorar os procedementos administrativos.

Disto último encargarase o grupo de 'Sistemas Intelixentes' do CiTIUS (Centro singular de Investigación e Tecnoloxías Intelixentes) e o grupo de investigación 'Empresa e Administración'.

De alí sairá, segundo explica a Xunta, un "cadro de mandos" baseado en técnicas de extracción de analíticas e predicións de procesos para axudar na toma de decisións por parte dos xestores de procedementos administrativos.

Así as cousas, a posta en marcha deste acordo de colaboración permitirá levar a cabo unha experiencia piloto do asistente virtual con seis procedementos administrativos.

Esta ferramenta permitirá ao usuario interactuar cun asistente a través do teclado e a voz. A aplicación está pensada, fundamentalmente, para as persoas e colectivos con maior dificultade no uso de novas tecnoloxías.

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta