Por E.P. | A CORUÑA | 30/09/2021 | Actualizada ás 18:14
A Deputación da Coruña convocou unha nova edición do Premio Concepción Arenal co obxectivo de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero entre a poboación infantil e adolescente.
Trátase, en palabras da deputada de Igualdade, María Muíño. "de contribuír, desde a infancia e a adolescencia e no contexto educativo formal, a que o alumnado de hoxe se forme e sensibilice para camiñar cara a unha sociedade que no futuro sexa cada vez máis igualitaria e máis xusta".
Así, a través deste certame, a área de Igualdade da institución provincial premiará "o compromiso e a implicación dos centros educativos públicos que presenten proxectos que contribúan ao desenvolvemento de habilidades para identificar e rexeitar estereotipos sexistas e que contribúan á erradicación da violencia de xénero".
Tamén se pretende que os proxectos educativos que concorran a esta convocatoria presenten esquemas alternativos que axuden a comprender a igualdade de oportunidades real entre sexos.
A convocatoria, á que poden concorrer todos os centros educativos públicos da provincia, contempla as modalidades de educación infantil, primaria e secundaria, cunha dotación para unha una delas dun premio de 5.000 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.