Admitida a trámite a demanda da Asociación Galega de Consumidores contra 11 bancos por comisións hipotecarias

Acouga di que afecta a un 10-15% da poboación e ten "transcendencia estatal".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/10/2021 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

A demanda presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) contra 11 entidades bancarias, na que se reclama a nulidade das comisións de apertura en préstamos hipotecarios e a devolución das cantidades pagas, foi admitida a trámite.

Así o explicaron o presidente da entidade, Manuel Pérez Arias, e o secretario xeral, Xoan Antón Pérez-Lema, en rolda de prensa. Nela, Pérez Arias cualificou esta demanda como "histórica" e apuntou "á magnitude" da mesma.

As entidades bancarias demandas son Abanca, Banco Sabadell, Banco Santander, Bankia, Bankinter, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Kutxabank, Nuevo Banco e Unicaja Banco. Pérez-Lema explicou que todos os bancos, menos Abanca, adheríronse a unha declinatoria.

DOUS MESES DE ADHESIÓN

O secretario xeral de Acouga afirmou que a finais de ano ou principios de 2022 estarán todas as demandas contestadas, momento no que se sinalará a vista. Previamente abrirase un prazo de dous meses para que os consumidores que teñan unha cláusula de comisión de apertura poidan adherirse, para o que deberán ser socios desta asociación.

Segundo expuxo Pérez-Lema, este asunto afecta a un 10-15% da poboación e ten "transcendencia estatal". Desde Acouga, esperan que haxa unha resolución no outono de 2022.

Sobre a demanda, o presidente de Acouga destacou que sexa realizada desde Galicia e en galego. En relación a esta cuestión, e aínda que tres entidades bancarias pediron a tradución do requirimento, desde a entidade afirman que non o farán xa que está feito "nunha lingua cooficial".

O Banco de España entre a rúa de Alcalá e a praza de Cibeles, a 24 de xullo de 2021, en Madrid (España).. Jesús Hellín - Europa Press
O Banco de España entre a rúa de Alcalá e a praza de Cibeles, a 24 de xullo de 2021, en Madrid (España).. Jesús Hellín - Europa Press

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, recibe o premio 'Finanzas para todos' que entregan o Banco de España e a CNMV durante o acto de celebración do Día da Educación Financeira. ABANCA
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, recibe o premio 'Finanzas para todos' que entregan o Banco de España e a CNMV durante o acto de celebración do Día da Educación Financeira. ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta