7.000 visitas e 300 coches vendidos no XII Salón do Automóbil de Ourense

O evento, organizado entre Expourense e A.C.A.U.T.O., pechou este pasado domingo as súas portas con datos de vendas e visitas inferiores á edición de 2019 pero que os organizadores dan por bos dada a conxuntura actual.

Por X.M. Fernández | Ourense | 13/10/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A paulatina recuperación da normalidade en canto a visitas a eventos e a complicada situación que atravesa o mercado do automóbil (crise semiconductores) conlevan que os ao redor de 300 coches vendidos e as máis de 7.000 visitas recibidas durante as dúas fins de semana --salón do automóbil novo e salón do automóbil de ocasión-- sexan bos resultados e cumpran as expectativas de ambos os organizadores.

Exposición vehículos no 12 Salón do Automóbil. Foto: Prensa Expourense
Exposición vehículos no 12 Salón do Automóbil. Foto: Prensa Expourense

Aínda con estes datos cómpre ter en conta que en xuño deste ano celebrouse a terceira edición do Car Outlet en Expourense, tamén organizada por A.C.A.U.T.O., no que foron vendidos 150 coches máis.

DESENVOLVEMENTO DO 'XII SALÓN DO VEHÍCULO DE OCASIÓN'

No remate do 12º Salón do Vehículo de Ocasión esta pasada fin de semana foi frecuente atopar moitos coches co cartel de “Vendido”. O público tivo a oportunidade de consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán na maior exposición de coches km. 0, seminovos e de ocasión e comparar opcións antes de elixir o coche que mellor se adaptase ás súas necesidades. En total, o salón ofrecía vehículos de 21 marcas e modelos que ofrecían as mellores condicións xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros (co “a todo risco” de agasallo en moitos casos), garantías (de ata 4 anos ou máis) e servizos engadidos.

Como incentivo para animar aos visitantes para axilizar o proceso de decisión, a organización volveu poñer en marcha o sorteo, entre os visitantes que pecharon a compra dun automóbil durante o salón, un cheque agasallo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia.

Coche vendido. Foto: Prensa Expourense
Coche vendido. Foto: Prensa Expourense

A entrega deste desconto realizarase estes días no concesionario que vendese o coche cuxo cupón resulte premiado.

VINDEIRAS CITAS EN EXPOURENSE

A vindeira cita en Expourense será xa esta mesma fin de semana coa celebración, os días 15, 16 e 17 de outubro, da 5ª edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades. Esta feira compartirá protagonismo no recinto de Expourense coa exposición “Discovering Dinosaurs” que poderá visitarse sábado e domingo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta