As redes lembran o 'choque fonético' de Feijóo cos Chieftains tras o falecemento do seu fundador

O presidente da Xunta fíxose viral en 2013 tras a súa particular pronuncia do nome dunha das bandas máis lonxevas do folk.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O falecemento de Paddy Moloney, líder e fundador do Chieftains, está a ser recibido de forma especial da banda da esfera galega nas redes sociais. Nas últimas horas, internautas de distintas partes da Comunidade Autónoma veñen de lembrar o xenio do gaiteiro irlandés, as conexións do Chieftains coa música tradicional galega e, por suposto, o encontronazo que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tivo coa fonética inglesa aló polo 2013.

Feijó, en rolda de prensa dun Consello de 2017
Feijó, en rolda de prensa dun Consello de 2017

"The Tis-che-tein", pronunciou entón o rexedor popular nun dos momentos que quedaría para a historia dos gazapos en política galega. O episodio vén de ser recuperado por persoeiros anónimos --e non tanto-- de Galicia acompañando o pesar polo falecemento do fundador dunha das bandas máis lonxevas do folk. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta