Inflúen as macrogranxas no baleirado do rural galego? Estas son as conclusións dun informe ecoloxista

Ecoloxistas en Acción asegura que a proliferación destas instalacións "está a frear ou impedir o desenvolvemento doutros sectores económicos no mundo rural".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A gandaría industrial volve estar no foco das formacións ambientalistas logo de varias denuncias por vertidos de xurros en ríos galegos. Neste contexto, a plataforma Ecoloxistas en Acción vén de presentar un informe co que conclúe que este tipo de explotacións agravan o problema de despoboación no eido rural da Comunidade. 

Granxa de porcos
Granxa de porcos | Fonte: agronomaster

"A gandería industrial non só non frea o despoboamento senón que impulsa o abandono rural", destacan dende a plataforma, antes de aseverar que "o discurso da industria cárnica e das administracións públicas que apoian este modelo gandeiro demóstrase falaz". O estudo recolle datos das últimas días décadas para realizar comparativas entre municipios con máis e menos poboación e explotacións, das que derivan as conclusións apuntadas. 

Ecoloxistas en Acción detalla así que os municipios con carga procina alta concéntranse en Pontevedra e Ourense, mentres que na Coruña e Lugo a porcentaxe está en torno ao 60%. En conxunto, entre 300.000 e 400.000 porcos en cada unha das provincias galegas, salvo Lugo que segundo a plataforma "ten algo menos".

Das comparativas destílase que a gandería industrial "está a frear ou impedir o desenvolvemento doutros sectores económicos no mundo rural", circunstancia que a ollos da pltaforma "limita as posibilidades de emprego e vida digna da poboación". Das catro provincias analizadas na Galiza, os municipios con maior censo porcino no 2020 foron, en Pontevedra, Rodeiro con 96.173; en Ourense, Sarreaus na Limia con 30.668; Palas de Rei, en Lugo, con 26.211, e os 17.651, de Santiso, na Coruña.

Ante esta realidade Ecoloxistas en Acción, xunto coas plataformas veciñais como Auga Limpa XA!, e outras organizacións agrupadas ao redor da Coordinadora Stop Gandería Industrial, esixe unha moratoria inmediata ao desenvolvemento de novas explotacións de gandería industrial ou a ampliación das xa existentes. “Os resultados desta investigación revelan a urxencia por desactivar o discurso político e empresarial de que a gandería industrial poida soster un mundo rural vivo. En cambio, para afrontar o reto demográfico e a emerxencia climática, necesitamos canto antes políticas encamiñadas a favorecer o desenvolvemento rural  agroecolóxico, incluíndo a gandería extensiva vinculada ao territorio e respectuosa, tanto coa natureza como coa vida e a economía dos pobos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta