O Correlingua deste ano contará con máis de 1.500 escolares nas actividades que comezan o día 20

Xunto aos concertos, este ano a proposta ofrecerá actividades como talleres de escritura creativa, de regueifas e banda deseñada, así como outras de pequeno formato para desenvolver nos centros como 'Palabras sobre o vento'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

Máis de 1.500 escolares participarán nas festas concerto de Correlingua, cuxas actividades comezarán o 20 de outubro baixo a lema 'Inmunízate co galego', segundo informaron os seus promotores na presentación desta edición.

Oito concertos encabezan o programa que comezará na Coruña e prolongarase ata novembro por toda Galicia. Dado o contexto de pandemia, as festas concerto celebraranse polo sistema de aula burbulla e serán retransmitidos tamén a través de Youtube.

A deputada de Normalización Lingüística e Igualdade da Deputación da Coruña, María Muiño; o secretario nacional de CIG Ensino, Suso Bermello; a presidenta da Asociación Sociopedagóxica Galega, Patricia Varela; o presidente de Correlingua, Anxo Terán, e Celia Armas, da Mesa pola Normalización Lingüística, presentaron o programa.

Na iniciativa, colaboran tamén as deputacións de Lugo e Pontevedra, así como os concellos de Vigo, Ferrol, Bueu, A Estrada, Verín e Foz, ademais dos da Coruña e Pontevedra.

Xunto aos concertos, este ano a proposta ofrecerá actividades como talleres de escritura creativa, de regueifas e banda deseñada, así como outras de pequeno formato para desenvolver nos centros como 'Palabras sobre o vento'. A festa de peche será en Foz tras percorrer distintas localidades galegas.

Presentación das actividades de Correlingua. CORRELINGUA
Presentación das actividades de Correlingua. CORRELINGUA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta