A Xunta reduce á metade os prazos de tramitación dunha planta de biometano en Sarreaus tras declarala prioritaria

A decisión enmárcase na Lei de simplificación administrativa.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/10/2021 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O Goberno galego declarou como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de desenvolvemento dunha planta de biometano no concello de Sarreaus, na provincia de Ourense, o que permitirá axilizar e reducir á metade os prazos de tramitación.

Unha planta de biogás.
Unha planta de biogás.

O proxecto suma un investimento de 8,27 millóns de euros e prevé a creación de 16 postos de traballo, segundo os datos trasladados pola Xunta.

A declaración como iniciativa empresarial prioritaria da construción desta fábrica enmárcase na Lei de simplificación administrativa, que permite axilizar os prazos ao mesmo tempo que se manteñen as garantías xurídicas durante o procedemento. Deste xeito, "poténciase a captación de investimentos para Galicia e a creación de emprego de calidade", destaca o Goberno galego.

Esta planta encargarase da produción de gas renovable a partir da valorización de diferentes substratos de orixe orgánica e que serán utilizados como materia prima do proceso.

A iniciativa empresarial foi declarada como prioritaria por cumprir dous dos requisitos necesarios: polo volume de investimento así como por complementar cadeas de valor e pertencer a sectores estratéxicos, neste caso o enerxético.

A empresa Bioenergía Ourense calcula que terá dispoñibles unhas 70.000 toneladas ano de materia orgánica, procedente de diferentes empresas agroalimentarias e do sector industrial localizadas en zonas próximas á planta.

A partir do procesamiento desta materia orgánica, producirase unha primeira corrente de biogás, que será posteriormente depurada mediante un proceso de enriquecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta