O Museo do Pobo Galego celebra o primeiro festival Soa Bonaval

Raül Refree, Tralo-Valo, Lorena Álvarez, Libredón, Pena e EXVBA forman o cartel.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O Museo do Pobo Galego acollerá entre este venres e domingo a primeira edición de Soa Bonaval, un novo festival con concertos, charlas e itinerarios sonoros polas salas das súas instalacións. Así, as actuacións correrán a cargo de: Raül Refree, Tralo-Valo, Lorena Álvarez, Libredón, Pena e EXVBA --con Xavi Font e Elba Fernández, gañadores do Mestre Mateo 2020 á mellor música orixinal por 'Hierro'--.

Presentación de Soa Bonaval
Presentación de Soa Bonaval | Fonte: MUSEO DO POBO GALEGO.

Ademais, a través do 'Son[Em]peza', o venres --ás 18,00 horas-- e o sábado --ás 11,30 e ás 16,30 horas--, celebraranse diferentes itinerarios sonoros polas salas do museo, nos que se facilitará que os visitantes se mergullen na colección e nos arquivos do centro museístico mediante o son como elemento condutor.

Este evento, organizado polo Museo do Pobo Galego e que conta coa colaboración da Xunta, foi presentado este martes en Santiago.

O director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, destacou que esta proposta se centra na música de raíz, local e as culturas propias. "Un museo ten que ser un centro de activación cultural", valora.

"É unha nova proposta cultural que se suma ás máis de 2.500 iniciativas que apoiamos este outono para impulsar aos creadores galegos e animar a participar da reactivación da cultura despois duns meses complicados", destacou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta