Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 09:00
O festival de música negra --rhythm & blues, rock & roll, soul, swing, jazz...-- que chega dende hai anos a Galicia grazas ao patrocinio de Martín Códax terá este ano como referencia a cidade de Nueva Orleans e as súas músicas. A súa presenza farase notar a través das bandas e dos eventos temáticos que hai na programación.
Dende Nueva Orleans chegan en exclusiva para o festival, Aurora Nealand & The Royal Roses, formación liderada por unha das saxofonistas máis recoñecidas na nova escena musical da cidade. Con eles chega, como convidado, o clarinetista e coñecido escritor Tom Sancton.
Nueva Orleans tamén estará presente, neste caso como fonte de inspiración, co combo madriñeño Nola Brass Band e co músico, cantante e compositor franco-canadiense Theo Lawrence.
O concerto principal do Outono Códax Festival 2021 será o que protagonice a estadounidense Judith Hill, corista de Prince, de Stevie Wonder e unha das voces seleccionadas para a xira ‘This is it’ de Michael Jackson.
A programación complementarase con actividades paralelas como poden ser charlas temáticas, xornadas gastronómicas, presentacións de libros, sesións de pinchadiscos e catas de viño.
PRESENZA GALEGA
Representando a Galicia neste evento teremos a The Carlos Childe Band, Martins Aneiros Band, Néstor Pardo e The Allnight Workers. Esta última banda reúnense exepcionalmente para este concerto nove anos despois da súa disolución e levarán ao escenario un repertorio moi escollido para a ocasión.
ORGANIZACIÓN
O festival está impulsado por Raíña Productions e A Reixa, contando co patrocinio de Bodegas Martín Códax e a colaboración de Pousadas de Compostela e Gadis. Desenvolverase do 11 de novembro ao 11 de decembro con sete citas de música en vivo na capital de Galicia os días 11, 19, 26 de novembro e os días 3, 9, 10 e 11 de decembro.
Os abonos e as entradas estarán á venda o venres 22 de outubro a partir das 11:00 h. en ataquilla.com e na tenda A Reixa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.