A loita das mulleres coraxe galegas que plantaron cara ao narcotráfico chega ao teatro de Madrid

"Los hijos de cualquiera" homenaxea ás mulleres galegas que nos anos 80 loitaron para defender aos seus fillos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

"Los hijos de cualquiera" é a nova obra de teatro da compañía madrileña Producciones Bernarda e unha proba máis de que a loita das nais que fundaron a Asociación Érguete non deixa de inspirar novos relatos. Así, a peza inspírase na Galicia dos anos 80, cando un grupo  de mulleres plantoulle caro ao narcotráfico para defender aos seus fillos e fillas.

'Los hijos de cualquiera', de Producciones Bernarda
'Los hijos de cualquiera', de Producciones Bernarda

A presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, agradece “a esta compañía integrada por mulleres comprometidas as súas ganas por contar a súa historia”, e afirma que está "segura que será un éxito”. Avendaño aproveita a estrea da obra para lembrar aos responsables culturais que na compañía aínda están a configurar a súa xira.

A directora do grupo, Aldara Molero, afirma que esta montaxe “busca poñer o foco desta historia –a de David contra Goliat, a das formigas contra o elefante, a dos bos contra os malos– nas nais protagonistas; nas mulleres que tiveron a suficiente coraxe para canalizar a súa dor e facelo desembocar nun movemento histórico de transformación social”. Ademais, explica que o proceso de creación da obra foi “intenso, sensible e bonito”, xa que “tivemos o pracer de compartir unha charla con Carmen da que aprendemos moito”.

Producciones Bernarda fundouse en xaneiro do 2012 froito da "necesidade de levar a cabo proxectos de creación artística propios, baseados na investigación de novas linguaxes teatrais", segundo apuntan dende a compañía. Xorde, entón, para dar resposta a unha iniciativa profesional permitindo xerar unha plataforma onde as diferentes disciplinas dos artistas que forman o grupo atopen "un punto de encontro común para elaborar proxectos que potencien así a mestizaxe artística e a investigación escénica".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta