A pandemia duplicou as investigacións de Fiscalía sobre malos tratos animais

É a única área na que se rexistra un aumento, xa que a pandemia reduciu un 36% as investigacións de Fiscalía no medio ambiente.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 25/10/2021 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O ano 2020, marcado pola pandemia de covid-19, concluíu cunha diminución do 36% no número de investigacións abertas por Fiscalía en Galicia relacionadas con delitos da área de medio ambiente e urbanismo.

Segundo reflicte a memoria anual do Ministerio Público, consultada por Europa Press tras a entrega ao Parlamento efectuada polo fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, reducíronse as dilixencias de investigación penal en todas as subáreas nas que se divide o apartado de Medio Ambiente e Urbanismo, salvo en malos tratos animais.

E é que os casos de malos tratos animais chegados a Fiscalía duplicáronse en comparación co ano anterior. Foron un total de 22 polos 11 de 2019, o que contrasta coa diminución das investigacións no resto de subáreas.

A caída foi xeneralizada nas subáreas de Medio Ambiente e Urbanismo e chega ata o 77% en patrimonio histórico (de 22 a 5 en 2020) ou de case o 60% nos delitos de incendios forestais (de 32 a 13).

En canto aos casos de flora e fauna, a baixada interanual é do 41% (de 29 a 17) e en ordenación do territorio e urbanismo, o subárea que máis casos atende, chega ata o 35% (de 78 a 121), similar á de medio ambiente, do 33,33% (de 57 a 38).

American Standford Terrier, can
American Standford Terrier, can | Fonte: terrier.page

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta